lunes, 8 de abril de 2024

Encontro con: Leticia Barbadillo

 Hoxe o alumnado de 5º EP  disfurtou dun encontro coa gañadora do Premio Merlin 2023: Leticia Barbadillo pola súa obra "A Botella de Lentellas".

A autora explicounos como foi creando as historias das lentellas que se contaban neste libro.


 

 


jueves, 4 de abril de 2024

BOOKFACE

 Co motivo da celebración do Día do Libro, a Bibliopontiña anímavos a que realicedes o voso propio e orixinal BOOKFACE

Sigue as instruccións que aparecen nesta imaxe e manda a tua foto á seguinte dirección de correo:

aponte.nenasnenos@gmail.com 

O prazo de presentación é do: 5 ao 19 de abril de 2024

Amimádevos e mandade a vosa foto, pasaredes un rato moi divertido durante o proceso.

Podedes ver exemplos nesta páxina de Pinterest


miércoles, 27 de marzo de 2024

Semana da Poesía

 Para commenorar esta data sacamos ao corredor da biblio, unha pequena escolma poética:

E propuxemos aos nosos/as compañeiros/as os seguintes talleres:



Os pequenos de infantil aprenderon a poesía de Gloria Fuertes "La cara de Doña Sara" e tamén a debuxaron


Os de 1º ciclo construiron pareados con pares de palabras que rimaban

Os de 2º ciclo tiñan que contruir versos a partir de Versos Roubados de outros poemas

E os do 3º ciclo contruían poemas con diversas estructuras gramaticais:


 E deixámosvos un pequeno resumo da nosa Semana da Poesía