miércoles, 23 de enero de 2013

SEMANA DA PAZ

Durante esta semana imos facer unha serie de lecturas pola paz que tendes á vosa disposición no corredor ao lado da Biblioteca.

UNHA ESCRITORA DE L.I.X NA ACADEMIA





A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil.
Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desa literatura non sempre asumida como LITERATURA ( con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e polo tanto mediadora do libro.
Unha académica de luxo!

Fonte:  Redelectura   Bibliotecas Escolares de Galicia

Equipo de biblioteca.

viernes, 18 de enero de 2013

DEIXATE APADRIÑAR


 Fermoso vídeo,   moi axeitado , sobre todo para estes días nos que andamos a buscar recursos.



EQUIPO DE BIBLIOTECA

jueves, 17 de enero de 2013

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar un calendario para este ano 2013 onde aparecen as datas máis considerables para celebrar ao longo do ano 2013. Nel terán lugar diversos aniversarios significativos para a literatura galega e conmemoracións habituais arredor do libro e da lectura.

         Un fermoso cartel que nos recordará datas importantes!!!



Equipo de biblioteca