lunes, 30 de diciembre de 2013

"A VENDEDORA DE MISTOS". HANS CHRISTIAN ANDERSEN


 Hans Christian Andersen escribiu fai moitos anos este bonito, triste e emotivo conto situado na última noite do ano. Unha historia que nos recorda que xamais debemos perder a ilusión por conseguir aquilo que anhelamos.
A adaptación é fermosa e só queda que te animes a lela e goces.

Escultura en bronce de Andersen, situada en Central Park de Nova York


Curto de Disney, adaptación do conto de Andersen. Gozádeo

viernes, 27 de diciembre de 2013

"O CREBANOCES". CONTO DE E.T.A. HOFFMANN


Todo comezou o ano 1816 cando o escritor alemán E. T. A. Hoffmann deu vida ao conto "O crebanoces e o rei dos ratos", onde unha nena recibe por Nadal un fermoso crebanoces que cobra vida, e xuntos derrotar ao rei dos ratos, esto, lévaa a vivir unha fantástica aventura no mundo dos xoguetes.
Anos máis tarde, en 1892, o compositor ruso Tchaikovsky toma a historia e adáptaa a un ballet que se converteu por anos nun dos máis populares do mundo, sendo, cando mais se presenta, durante a época de Nadal.
O seguinte vídeo-conto está inspirado no Ballet de Tchaikovsky e no conto de Hoffmann, un Conto de Nadal perfecto para gozar nestas datas.
Un vídeo de case 10 minutos de duración que esperamos faga as delicias de todos, mentres escoitades a selección musical da obra deste grandísimo compositor.

martes, 24 de diciembre de 2013

"CONTO DE NADAL". CHARLES DICKENS


Trátase dun conto breve escrito polo británico Charles Dickens en 1843 pero que segue estando vixente ao longo do tempo.

O protagonista é o señor Scrooge, un home avaro e roñas que se resiste a celebrar o Nadal. Debido ao desprezo que sente polos seus semellantes e a carencia de humildad e compaixón, vive a súa solitaria vida de mala gana. Pero esa Noiteboa vaise a atopar cunha terrible sorpresa, e é a visita de tres pantasmas que lle mostrarán as lamentables consecuencias das súas maldades, dándolle unha última oportunidade para salvarse.

Este entrañable conto foi levado infinidade de veces á pantalla de cine e, ata, realizáronse musicais e adaptacións teatrais. Pero nunca está de máis deixarse levar pola maxia da lectura.
Un clasico de navidad para disfrutarla en familia.
 
Si che interésa saber algo máis sobre DICKENS, PICA AQUÍ
A SER recupera o radioteatro co estreo de Conto de Nadal, si che interésa oílo, PICA AQUÍ

lunes, 23 de diciembre de 2013

" O EXPRESO POLAR ". CHIS VAN ALLSBURG



Este libro ten como obxectivo o que se sinta o Nadal máis intensamente si cabe, e, a súa mensaxe, é claro: por moi maior que che fagas, non debes perder nunca a ilusión pola maxia e as cousas fantásticas. "O Expreso Polar" conseguirá amenizar estas datas tan sinaladas.
Este precioso álbum transpórtanos nun tren de soños cara ao país onde reside o espírito navideño."O Expreso Polar" relata as aventuras que vive un neno, de oito anos de idade, na noite do 24 de decembro (Noiteboa), xusto cando comeza a perder a esperanza de continuar crendo na existencia de Santa Claus e o espírito que conleva celebrar o Nadal.
Si che parece interesante, coñece os álbumes de Chris Van Allsburg e descobre, cos teus propios ollos, as razóns que fan deste autor uno dos mestres contemporáneos dos libros ilustrados para nenos.

A crecente demanda de lectores de diversas idades levou esta historia de ás pantallas de cine, da man de dous grandes ganadores do Premio da Academia Tom Hanks e o director, Robert Zemeckis.
.
Invitamos a grandes mozos a soñar e a crer na maxia do Nadal viaxando no Expreso Polar para estas próximas datas.

viernes, 20 de diciembre de 2013

GUÍA LECTURA NADAL 2013

.
Recomendámosvos estes  libros para ler os próximos días (e todos os días do ano), aproveitade as vacacións, que teredes mais tempo libre.
                                   
 
 

BOAS FESTAS!!!

lunes, 16 de diciembre de 2013

RECURSOS NADAL EN GALEGO

O Apalpador volve polo Nadal.
 
E volven as panxoliñas.                                                                                                                  
 

domingo, 15 de diciembre de 2013

GANADORES DOS PREMIOS LAZARILLO 2013

Premios Lazarillo, que serán entregados o 4 de xaneiro nun acto no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Madrid.
 

Este galardón, o máis antigo na literatura infantil e xuvenil, foi convocado por primeira vez en 1958, e desde 1986 encárgase del a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio Cultura. Convócase en dúas modalidades: Álbum Ilustrado e Creación Literaria
Na categoría de Creación Literaria, o ganador foi Manel Ballart Piquei co texto titulado "Cada gra de raïm"
Na categoría de Álbum Ilustrado, os ganadores foron Pablo Albo e Iratxe López de Munáin,coa obra titulada "A muller máis alta do mundo"
 

sábado, 14 de diciembre de 2013

KAMISHIBAI . "A LENDA DA ÁRBORE DE NADAL"

Xa se achegan esas datas que tanto nos gustan a todos, O Nadal.
Este venres, na nosa Biblioteca, o alumnado de 6º inaugurou o Nadal interpretando "A Lenda Da Árbore De Nadal", un kamishibai  para os seus compañeiros e compañeiras de infantil.
            Pasámolo moi ben!

viernes, 13 de diciembre de 2013

"O PRINCIPITO" CUMPLE, EN 2013, 70 ANOS

Fai 70 anos publicábase en Nova York a primeira edición de "O Principiño", obra de Antoine de Saint-Exupéry.Chega aos 70 anos e emprende a súa última viaxe atada a unha editorial. Celebrarao liberando os seus dereitos de autor o próximo ano, para entregarse totalmente como un legado para a humanidade.

Traducido a 180 idiomas, adaptado ao cine, televisión e teatro e con versións para cómic e espectáculos musicais, "O principiño" é dos contos de maior relevancia e vixencia na literatura infantil co seu soado personaxe de cabeleira loura, ollos azuis e cara inocente que viaxa de asteroide en asteroide, preocupado polos baobab, con preguntas sobre o sentido da vida, o amor e a amizade.
 

O escritor e aviador francés que faleceu ao ano seguinte, en 1944, abatido por un reactor alemán no mar Mediterráneo, realizou moitos bocetos do seu personaxe mítico que agora se expoñen en Paris.

lunes, 9 de diciembre de 2013

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. 10 DE DECEMBRO

Litografía que ilustra o primeiro artigo da Declaración dos Dereitos Humanos, na sé das Nacións Unidas de Nova York.
O Día dos Dereitos Humanos celébrase en todo o mundo o 10 de decembro. Este día ten a súa orixe no ano 1950, desde entón persoas de todo o mundo únense para conmemorar a existencia da Carta Internacional de Dereitos Humanos.
Motivados polos horrores vividos durante a Segunda Guerra Mundial, no que millóns de persoas padeceron crueldades inxustificables, todos os países tomaron a firme decisión de elaborar un código moral, ético e sobre todo xurídico que amparase o que dende a Revolución Francesa recoñecíase como os dereitos inalienables do home.

 
 Na mensaxe do Secretario Xeral das Nacións Unidas para o ano 2.000 recálcase a importante función que cumpre a educación para os dereitos humanos no mundo: "Canto máis coñezan os pobos os seus propios dereitos e respecten os dereitos dos demais, maior probabilidade haberá de que vivan xuntos en paz. Só si instruímos á xente sobre os dereitos humanos poderemos aspirar a evitar a violación deses dereitos e, con iso, aspirar tamén a evitar os conflitos".


Desde o sitio web do Instituto dos Dereitos Humanos de Catalunya (IDHC) pódense descargar estes 30 contos sobre Dereitos Humanos relacionados con cada un dos artigos.



outras páxinas interesantes.

AULA CREATIVA
FRASES DE DEREITOS HUMANOS
FUNDACIÓN CULTURA DE PAZ
DECLARACIÓN UNIVERSAL DEREITOS HUMANOS







 
 

jueves, 5 de diciembre de 2013

FALECE NELSON MANDELA , ICONO DA LIBERDADE E DOS DEREITOS HUMANOS

Nelson Mandela loitador incansable dos Dereitos Humanos.
A vida de Nelson Mandela en imaxes Repasamos, nesta fotogalería, a vida dun dos loitadores, polos dereitos humanos, máis coñecido e venerado da historia.
10 frases de Nelson Mandela Trátase dunha das figuras máis importantes na loita pola igualdade racial. Nelson Mandela, nacido o 18 de xullo en Sudáfrica, recibiu máis de 250 premios a todos os niveis entre os que destaca o Premio Nobel da Paz de 1993
10 datos curiosos de Mandela Aquí tes 10 curiosidades da vida deste histórico personaxe que cambiou o rumbo de todo un pobo co seu tesón e a súa coraxe
"Que foi o apartheid" O término apartheid significa «condición de estar separados» no idioma afrikáans dos descendientes dos antigos colonos holandeses. A que se refire exactamente?
 
Nelson Mandela compila os seus contos favoritos
 Para que os nenos "nunca perdan a súa capacidade de ampliar os seus horizontes do mundo coa maxia dos relatos", esto é o que desexa Nelson Mandela (Madiba), nun fermoso libro que recompila os seus contos favoritos da tradición africana: Os meus contos africanos. Xa que, como di o mesmo Mandela no prólogo "esta antología reúne varios contos africanos moi antigos e devólveos a través de novas voces aos nenos de África, despois de que realicen longas viaxes de moitos séculos por lugares remotos".

lunes, 2 de diciembre de 2013

¡ ATA SEMPRE BARBARA PARK !

Faleceu en novembro a escritora Barbara Park, creadora da serie de aventuras de Junie B. Jones.


Desde que deu vida a Junie B. en 1992, Barbara Park foi capaz de captar como ninguén o xeito de ver o mundo dos nenos e de mostrar a súa espontaneidade nos 30 volumes que compoñen a colección de Junie B. Jones. Historias tenras que coa divertida linguaxe propia de JBJ encheron de risas as casas de miles de lectores en todo o mundo.

Junie B. é un dos nosos personaxes preferidos, é unha nena  dicharachera, que vai totalmente ao seu aire. É infatigable,... e non esperes que Junie B. se quéde calada... por nada do mundo, ademais ten unha linguaxe propia e un dicionario particular. A súa espontaneidade provoca situacións moi divertidas que che farán rir.

Si aínda non coñeces a JBJ é un bo momento para achegarte a ela, si xa a coñeces, na nosa biblioteca espérante máis aventuras coa intrépida Junie.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDAD. 3 DE DECEMBRO


A celebración anual, o 3 de Decembro, do Día Internacional das Persoas con Discapacidad ten por obxecto sensibilizar á opinión pública sobre as cuestións relacionadas coa discapacidad e mobilizar o apoio á dignidade, os dereitos e o benestar das persoas con discapacidad. Tamén se propón promover a tóma de conciencia sobre as ganancias que se derivarían da integración das persoas con discapacidad en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
 Mostramos estes recursos para informar e sensibilizar sobre a situación das persoas con discapacidad.

  O documento ten como protagonista a Javier, un neno de 10 anos, que fala de que é a discapacidad intelectual a través da súa relación coa súa irmá Lola. PICA AQUÍ
Conto para traballar a diversidad e a convivencia nas aulas. PICA AQUÍ
Montaje audiovisual del libro El Cazo De Lorenzo de Isabelle Carrier.  PICA AQUÍ
A viaxe de María, un cortometraje de animación realizado polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo. PICA AQUÍ

- 10 DATOS SOBRE A DISCAPACIDAD. PICA AQUÍ

- YO COMO TÚ. AS PERSOAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL, COMO TU, TEÑEN PREOCUPACIÓNS, CAPACIDADES, DEREITOS E OBLIGACIONS. PICA AQUÍ

- SOMOS IGUALES Y DIFERENTES. GUÍA PARA NENAS E NENOS DE PREVENCIÓN DE PRACTICA DISCRIMINATORIAS. PICA AQUÍ

- EDUCACION EN VALORES. MATERIAIS PARA O TRABALLO NA AULA SOBRE DISTINTAS CAPACIDADES. PICA AQUÍ