viernes, 29 de noviembre de 2013

29 DE NOVEMBRO, DÍA DAS LIBRERÍAS



Por terceiro ano consecutivo, as librerías de toda España celebramos o DÍA DAS LIBRERÍAS, unha festa coa que queremos recordar que un libro é sempre unha excelente adquisición e que o mellor lugar para facela é, sen dúbida, unha librería.
O venres 29 de novembro celébrase en toda España o DÍA DAS LIBRERÍAS un acontecemento que sacode o panorama cultural das cidades e pobos que o celebran.

Presentámosvos a imaxe escolleita este ano para representar unha xornada tan especial para os libreros e lectores en xeral. Trátase dunha obra de Pep Carrió (Palma de Mallorca, 1963), a quen lle gusta definirse como un diseñador de ideas (penso, logo deseño). Entre outras facetas do seu traballo, Carrió imaxina portadas para varias editoriais e foi cartelista para diferentes feiras do libro: vexo o libro como un compañeiro de traballo.

A Pep Carrió gústalle pasearse entre libros. Asiduo de pequenas librerías e librerías de vello, a máis diso outras especializadas en deseño e libro de arte, neste traballo para o Día das Librerías (do que existe unha maqueta orixinal), quixo realzar un dobre aspecto común de todas elas: pluralidade e calidez.

 
A continuación móstrase unha lista, das librerías máis interesantes e bonitas do mundo,PICA AQUÍ
Si che gustan estas librerías, vaiche gustar: 40 ou máis bibliotecas incribles,PICA AQUÍ
Creo que, antes das imaxes, poucos dúbida de que realmente son as bibliotecas e librerias máis bonitas do mundo.

lunes, 25 de noviembre de 2013

CARME SOLÉ VENDRELL. PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN 2013

Carme Solé foi galardoada co Premio Nacional de Ilustración 2013, dotado con 20.000 euros, por "ser unha artista 'faro' no mundo da ilustración do libro infantil e outros xéneros". Trátase da segunda vez que Carme Solé recibe o galardón, tras habelo conseguido en 1979 por 'O neno que quería voar, Peluso e cométaa e Pedro e o seu sabre'.
 
Solé (Barcelona, 1944) estudou pintura na Escola d'Arts i Oficis Massana de Barcelona.Ilustrou o seu primeiro libro en 1968 e, desde entón, debuxou en máis de 700 títulos entre álbumes e libros de texto. Desde a década dos 80 comezou a traballar con diversas editoriais estranxeiras, publicando en varios
países: Reino Unido, Francia, Italia, Alemania, Estados Unidos, Canadá, Noruega, Holanda, Dinamarca, Brasil, Taiwán e Xapón, entre outros. Ademais do seu traballo como ilustradora e escritora, realizou traballos de cartelismo, animación, escenografía, dramaturgia e dirección de teatro.
 

 ENTREVISTA AS A ILUSTRADORA E PINTORA CARME SOLÉ VENDRELL. PICA AQUÍ

miércoles, 20 de noviembre de 2013

OS "CANTARES GALLEGOS" CUMPREN 150 ANOS

Teñen xa un século e medio estes cantares que supuxeron o rexurdimento da literatura no «dialecto» galego (así o chamaba Rosalía) despois dos séculos escuros, estes poemas  pasan por conformar  un dos mellores exemplos do romanticismo de toda a literatura española.
                 Si queres ler mais pica aquí

Edición de luxo para Rosalía
O tenor Joaquín Pixán e o pianista Alejandro Zabala rescatan os poemas musicados de "Cantares galegos" e reúnenos nun CD, Podes seguir lendo  si picas aquí.
Portada do CD-Libro

Nos departamentos de Música e Galego,do IES Miguel Ángel Gonzalez Estévez, fixeron un bonito vídeo sobre "Cantares Gallegos"
 

martes, 19 de noviembre de 2013

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA



A Convención sobre os Dereitos do Nen@ (CDN) é o primeiro instrumento internacional que recoñece aos nenos e nenas como axentes sociais e como titulares activos dos seus propios dereitos.

O texto foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e entrou en vigor o 2 de setembro de 1990.
PICA AQUÍ SI QUERES XOGAR E APRENDER
 

lunes, 4 de noviembre de 2013

II CONCURSO DE HISTORIAS DE MEDO.

ANIMATE A PARTICIPAR!!!



SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL. 4-10 DE NOVEMBRO.

A tradición oral é a forma de transmitir desde tempos anteriores á escritura, a cultura, a experiencia e as tradicións dunha sociedade a través de relatos, cantos, oracións, lendas, fábulas, conxuros, mitos, contos, etc. Transmítese de xeración a xeración, chegando ata os nosos días, e ten como función primordial a de conservar os coñecementos ancestrais a través dos tempos. É un fenómeno, que se converteu no medio máis utilizado, ao longo dos séculos, para transferir saberes e experiencias.

Se che interesan contos para ler e ser lidos, PICA AQUÍ

Todos os xéneros en verso e en prosa:lendas, contos, romances, refráns, adiviñas, ditos, oracións e demais tipos e subtipos da literatura de tradición oral galega.PICA AQUÍ

Letras de cancións galegas.PICA AQUÍ

A regueifa e unha especia de rap galego moi antigo. Remontarse a sua orixen e dificil. Non así a sua area xeografica, que abranguia as terras da vella Gallaecia.
Como no rap, a rima, a improvisada.
Antes facianse rodas de regueifeiros (homes e mulleres xuntos), ao mais puro estilo "battle" (peleja de galos), onde se aproveitaba para demostrar quen era o mais enxeñoso, certo interese por un/unha rapaz/rapaza ou simplesmente para dicir 4 verdades sen que o "señorito" se molestase.
Hoxe a regueifa esta case morta en Galiza, non así na region Norte de Portugal (entre o rio Douro e o Miño) onde se chama "desgarrada", e segue a ser practicada tanto por gente nova como vella.

Vídeo realizado a partir de fotografias de Faustino Santalices,as suas zanfonas e outras fotos de Santiago de Compostela e relacionadas coas coplas de cego.
Seguro que vos vai a gustar a historia duns músicos que pretenden honrar a todos os cegos ambulantes que camiñaron coa súa música e as súas historias por Galicia adiante.pica aquí

Si te animas, podes atopar máis información na nosa biblioteca.