miércoles, 10 de diciembre de 2014

NADAL COA PONTIÑA.



Se nos achegamos á biblioteca, podemos ver exposta unha variedade de libros sobre o Nadal, contos, panxoliñas, costumes de distintos países...





Unha da actividades, das que poderemos gozar, na nosa biblioteca, será o kamishibai.
Nesta ocasión os maiores, de 5º e 6º, serán os encargados de contarlles, tres preciosas historias de Nadal, aos mais pequenos do cole.

 

BIBLIOTECA CEIP "A PONTE". OURENSE by Slidely Slideshow

 
Bibliopontiña, recoméndavos os libros que aparecen nesta guía.
 

 

jueves, 4 de diciembre de 2014

O APALPADOR. NOITE DO NADAL

IMAXE DE LEANDRO LAMAS

Nos últimos anos, nas vilas de Galiza estase a recuperar o mítico personaxe do Apalpador.
Este personaxe vivía nas altas montañas das  serras orientais de Galicia e, nos días de inverno baixaba ás aldeas e vilas  para apalparlles a barriguiña ás nenas e nenos e ver se comeran ben durante todo o ano, deixándolles castañas e agasallos feitos a man.
O Apalpador, de profesión carboeiro, vivia nas  montañas de Galiza e caracterizábase por ser un home grande e bonachón que vestía boina e traxe esfarrapado e con remendos, fumaba en pipa e alimentábase de froitos salvaxes e de porcos bravos que cazaba no monte.
 
 
Se queres saber máis deste personaxe e traballar sobre él...
 
 -Video feito con ilustracións do conto "O Apalpador" de Xoán G.
 
 
 
 - Quen é O Apalpador? Páxina web do Apalpador.
- Vieiros da Escola. Aquí.
-Bloque do Apalpador.  Aquí
- Lim do conto do Apalpador (CRA Raiña Aragonta de Salcedo de Caselas). Aquí
- Lim do Apalpador. CEIP Outeiro das Penas. Aquí
 

martes, 2 de diciembre de 2014

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



En 1992 a asemblea xeral das nacións unidas proclamou o 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxecto de chamar a atención e, mobilizar apoios para aspectos importantes relacionados cá inclusión de persoas con discapacidad na sociedade.
Vídeos cos que podemos reflexionar sobre si existen discapacidades, ou distintas capacidades.



Borja é un beneficiario do programa de integración laboral Incorpora que nos conta a súa historia con alma. O protagonista, que sofre unha minusvalidez, explícanos os seus retos na vida a través do seu día a día, un traballador exemplar da clínica de Palma, e da súa paixón pola vela.
 
 
Hugo, un amigo con Asperger, é un video elaborado polo equipo INASMED (Dra. Amanda Céspedes, Gloria Silva e Lilian Cohen) e difundido polo equipo Calpe & Abyla 
 

 Anuncio de JWT para a ONCE, no que se avoga pola inclusión no sistema educativo dos nenos cegos.
 

Anuncio  pertencente á campaña  de Obra Social Caixa Madrid realizada por TAPSA.
 Aquí poderás visitar a entrada que, por esta data, fixemos o curso pasado, verás uns bonitos contos para os máis pequenos,  PICA AQUÍ

 

miércoles, 26 de noviembre de 2014

28 DE NOVEMBRO. DÍA DAS LIBRARÍAS.


O 28 de novembro, por cuarto ano consecutivo, as librarías de toda España celebran o Día Das Librarías.
Esta iniciativa naceu co fin de concienciar a nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre nenos e mozos, e para agradecer e potenciar o extraordinario labor de libreiros e libreiras.
Conviría que reflexionásemos, sobre o que significa dispoñer de librarías difundindo a cultura, achegando aos cidadáns, non só os libros, senón a conversa, o consello, e a posibilidade de encontrarnos con outros lectores.

PICA AQUÍ para ver o cartel "Día da Biblioteca", cuxa autora e ilustradora é Carme Solé e, do que Antonio Rodríguez Almodóvar, é o escritor e autor do Pregón, homenaxe a Ana María Matute.


lunes, 24 de noviembre de 2014

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCÍA DE XÉNERO.


A violencia de xénero é un grave problema que afecta á nosa sociedade. a sensibilización e concienciación de todos nós agora e no futuro, é esencial para solucionalo.

Podes pasar pola nosa biblioteca, para ler algúns libros que nos poden axudar a entender mellor esta data.
Mentres, podes ver os seus videos.


- Este é un conto, no que descubriremos os roles e estereotipos de xénero que existen aínda na nosa sociedade. Está enfocada cara a unha aprendizaxe non sexista e a que se comprenda o importante que é non discriminar as persoas por cuestión de sexo. Decatarémonos do importante que é o respecto cara a todas as persoas
 
 



- Un conto que narra a historia dunha agresión, que non sendo física, consegue a base de humillacións, de menosprezo e de bloquear sonos e ideais, fai un dano irreversible, en moitas persoas.

 
 
 
- Vaiche soar este conto, pero...
 

martes, 18 de noviembre de 2014

20 DE NOVEMBRO. DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Preciosa ilustración de Monica Carretero
 
A Convención sobre os Dereitos do Neno, é un tratado que recolle os dereitos da infancia e é o primeiro instrumento internacional que recoñece os nenos e nenas como titulares activos dos seus propios dereitos.
O texto foi aprobado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e entrou en vigor o 2 de setembro de 1990.

En 1959, Nacións Unidas aprobou unha Declaración dos Dereitos do Neno que incluía 10 principios. Pero non era suficiente para protexer os dereitos da infancia porque legalmente non tiña carácter obrigatorio.Por iso en 1978, o Goberno de Polonia presentou a Nacións Unidas a versión provisional dunha Convención sobre os Dereitos do Neno

 
A Convención sobre os Dereitos do Neno converteuse en lei en 1990, despois de ser asinada e aceptada por 20 países, entre eles España. Hoxe, a Convención sobre os Dereitos do Neno xa foi aceptada por todos os países do mundo agás dous: Somalia e Estados Unidos.


 
- Algúns dos libros que podemos encontrar sobre os dereitos dos nenos e as nena
 

- Para conmemorar este día, toda a clase de 5º, animouse a comprometerse cos dereitos da infancia, asinando un pacto simbólico que poñerán nun lugar destacado da clase.
 


 


 
- Os dereitos dos nenos e das nenas según Mafalda 
 
 
- Xoga e aprende con UNICEF.PICA AQUÍ

 
- Debuxos animados en pro dos dereitos dos nenos e as nenas.
 
 
- Salta de casa en casa, ata o pleno coñecemento dos dereitos da infancia
 
 
- Bridge é o curto que presentou como tese na Universidade o director Ting Chian Tey e que mostra a historia de catro simpáticos personaxes que intentan cruzar o mesmo tempo encontrándose co problema de que só hai espazo para un.
 
 
- Se queres ver un precioso, libriño sobre os dereitos da infancia, que fixeron os nenos de infantil PICA AQUÍ.
 
 -  Este interesante vídeo sobre a exposición "Caminos a la escuela" da Fundación Canal, móstranos unha exposición fotográfica na que vemos os desafíos extremos aos que se enfrontan nenos de todo o mundo para chegar cada día a súa escola 
  
 
 
- Tráiler oficial do filme "Camiño á Escola" de Pascal Plisson.
Catro nenos unidos na súa busca da educación e os seus sonos de escapar da pobreza, a ignorancia ou a soidade, enfrontan e superan moitos obstáculos durante as súas viaxes diarias á escola.
 

domingo, 2 de noviembre de 2014

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL. 2ª SEMANA DE NOVEMBRO

 
A segunda semana de novembro, está dedicada á TRADICIÓN ORAL, e dende a biblioteca propoñémosvos que vos acheguedes ata aquí, onde a nosa mascota, "Pontiña", fixo unha selección de libros de cancións, rimas, arrolos, ditos, refrans...
Estes libros, teñen a finalidade de preservar un legado, un coñecemento cultural, a vida dun pobo e dunha xente (a nosa). Podemos así, tomar contacto coa tradición, os costumes, as festas, a gastronomía, é decir, das formas de ser das xeracións anteriores.
E importante que nos demos conta de como a tradición oral é o medio de transmisión de valores, ideas, e costumes.
E tamén diálogar cos maiores, co fin de descubrir as claves da historia familiar e dos  máis próximo a nós.
Falando con nosos maiores, podemos pasar momentos inesquecibles
 
 

Animámosvos a seguir lendo sobre este tema picando nestas entradas:

- GALICIA ENCANTADA
- CONTOS DE VELLOS PARA NENOS
- ORELLA PENDELLA. Ditos, recitados e cancións infantís



Dende o colexio de Vilatuxe podemos ver estes estupendos traballos, os nosos parabéns.

- LIM DE ADIVIÑAS
- CADERNO DE TRABALINGUAS

miércoles, 29 de octubre de 2014

O SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA

 

O Samaín ou Samhain (etimoloxicamente "final do verán" e que nos idiomas gaélicos tamén se usaba para designar ao mes de "novembro") é un termo que perdura dende hai máis de 3000 anos e que tamén é usado en Irlanda. A tradicional noite de Samaín ten lugar entre o 31 de Outubro e o 1 de novembro, coincidindo co primeiro día do ano do calendario celta.


Os celtas celebraban a chegada do inverno ,e o ritual da última colleita. Asociaban esa noite co momento no que o mundo do sidh - o outro mundo celta - se abría ao mundo dos vivos, o que convertía a esta celebración no momento idóneo para recordar e render culto aos antecesores falecidos.

 
 Por un lado, para escorrentar aos espíritos e almas malignas expoñíanse as caveiras dos guerreiros vencidos nos cruzamentos de camiños e nos castros, que co tempo pasaron a ser substituídas por humanizadas cabazas con velas acendidas dentro.
 


 
Por outro lado, para os espíritos dos ancestros que viñan a visitar os seus antigos fogares e volvían camiñar sobre as súas terras, preparábanse alimentos como benvida e para que estivesen contentos (o que foi derivando no típico "truco ou trato" de nenos disfrazados). Á mañá comprobábase que os espíritos consumiran durante a penumbra aquelas bebidas e viandas, antes de volver ás súas tumbas ata o ano seguinte




GUÍA LECTURA PARA O SAMAÍN

 
 
 
 
Podes coller a ficha para escribir os teus contos de terror na biblioteca, e logo metelos dentro da furna que continuará alí, ata que sexan lidas polo xurado
 
 
 
 
 
 

- http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/SAMAIN/samain.HTML
- http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/halloween/wanda_cast/about.HTML
- http://www.starfall.com/n/holiday/halloween/play.htm?f
- http://www.juegaspeque.com/Simulacion/tarta_halloween.HTML

- Unha cantiga para a festividade do Samaín
 
- "Fiz, o coleccionista de medos", é una historia escrita por Fina Casalderey e Teresa Lima que nos fala da superación que cada quen debe afrontar contra os seus propios medos. ( Adaptación cinematográfica da obra por OQO vía politicalinguística)


PASARÉMOLO DE MEDOOOOO!!!

jueves, 23 de octubre de 2014

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 


A Asociación de Bibliotecas Escolares de Vitoria, Australia, foi a primeira organización en celebrar un Día das Bibliotecas Escolares, o día 24 de outubro de cada ano.
En 1999 a Dra. Blanche Woolls, entonces presidenta da Asociación Internacinal de Bibliotecarios Escolares ,  proclamou que o 18 de outubro celebraríase o primeiro "Día Internacional das Bibliotecas Escolares" e que en diante aquela celebración realizaríase o terceiro luns de outubro de cada ano.
Así, ata o 2005 cando, o presidente da IASL, Peter Genco reafirmou a celebración de este día, pero cambiou a súa data polo cuarto luns de outubro de cada ano.

En todo o mundo, este período é aproveitado para reforzar a visibilidad dá Biblioteca Escolar e a necesidade de tomar conciencia do seu valor na aprendizaxe.



"Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de
 curso nas bibliotecas escolares galegas. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean." 


O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña.

A antiga Biblioteca de Sarajevo, un dos símbolos da cidade e que foi arrasada durante a guerra de Bosníaca en 1992, foi reaberta o pasado mes de maio, nunha cerimonia solemne, logo de 18 anos de reconstrución.
Queremos ensinarvos unhas imaxes da Biblioteca de Sarajevo como símbolo de liberdade, tolerancia, igualdade dos pobos, solidariedade e democracia.
 


... E hoxe, abrimos as portas da nosa biblioteca
"Preparados...
listos...
Xa!!!
Empezamos...


Formación de usuarios
Durante esta semana, reunímosnos na biblioteca por cursos, para participar dunha visita guiada, onde o Equipo de Biblioteca, recórdanos as normas, os fondos, e os demais servizos cos que contamos.
Os máis pequenos era a primeira vez que viñan, todos estabamos emocionados, a que mais, Pontiña, a nosa mascota, que durante o verán, atopábase moi soa..., botábanos de menos!!!
Todo foi moi interesante.




Exposición de libros, onde a temática vira torno ás bibliotecas.

Esperamos que vos guste esta bonita historia dun león que ía á biblioteca a escoitar contos para nenos. É un dos libros que podes atopár, na nosa biblio.

 
 
convocamos noso, xa habitual concurso,...Que fai a pontiña?. ANÍMATE!!!
 
 
 
 
 
 

miércoles, 15 de octubre de 2014

DIEGO ARBOLEDA. PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2014

 
Diego Arboleda obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2014 pola súa novela "Prohibido ler a Lewis Carrol".
 
Ilustrado por Raúl Sagospe e publicado por Anaya, este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano.


O xurado que fallou este martes o premio distinguiu o libro de Arboleda por ser "unha obra extremadamente orixinal, cun brillante sentido do humor e un gran ritmo narrativo.
O texto, está salpicado de referencias literarias e históricas. Destaca polos suas personaxes sólidas e moi ben construídas, así como pola fina ironía dos xogos lingüísticos"
 
AUTORRETRATO DE DIEGO ARBOLEDA I RAÚL SAGOSPE


Este libro narra a historia de Eugéne Chignon, unha nova institutriz francesa que en 1932 viaxa ata Nova York para coidar dunha nena, Alice, cuxa desatada paixón polo mundo creado por Lewis Carroll provocou que os seus pais lle prohiban ler os seus libros.

 
ILUSTRADOR RAÚL SAGOSPE. (PICA AQUÍ)
 

viernes, 10 de octubre de 2014

MALALA E SATYARTHI, PREMIO NOBEL DA PAZ 2014

 
O galardón recoñece a súa loita a favor da educación infantil.



O Nobel encumbra a escolarización como motor do desenvolvemento pacífico
A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel de la Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nenos e os mozos e polo dereito de todos os nenos á educación", segundo anunciou o Comité Nobel Noruego.


 




"Os nenos deben ir á escola e non ser explotado financeiramente", defendeu o Comité Nobel, subliñando que "nos países pobres, o 60% da poboación actual ten menos de 25 anos". Segundo explicou ao realizar o anuncio o presidente do Comité Nobel Noruego, Thorbjon Jagland, considerouse "un punto importante que un hindú e unha musulmá, un indio e unha paquistaní, se unan na loita común pola educación e contra o extremismo.
 Tras resaltar que grazas á loita tamén doutras persoas e institucións - hai 78 millóns menos de nenos que traballan no mundo que no ano 2000, aínda que aínda hai 168 millóns - o Comité Nobel Noruego incidiu en que "a loita contra a opresión e polos dereitos dos nenos e adolescentes contribúe á realización da 'fraternidade entre nacións' que Alfred Nobel menciona no seu testamento como un dos criterios para o Nobel de la Paz".(EL PAÍS)

- Interesante WEBQUEST sobre Malila, feita por Carmen Fernández Ruíz
-dende o CEIP Frían-Teis, quen é Malala Yousafzai.