viernes, 21 de febrero de 2014

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA.



O 24 de febrero, celebramos o día de Rosalía porque nesta data naceu (en 1837) a nosa meirande poetisa: Rosalía de Castro. Chamada por Manuel Curros Enríquez (outro grande poeta do Rexurdimento) a musa dos pobos.

-POEMA DE ROSALÍA.  LIM PARECE UNHA ROSA. Para o enlace ao libro. PICA AQUÍ

-ROSALÍA DE CASTRO. Actividades Lim.. PICA AQUÏ

-A AELG ORGANIZA O GRAFITI ROSALÍA. SE QUERES LER MAIS PICA.


Vídeo que amosa como se fixo o libro 'Cantares gallegos' de Rosalía, ilustrado por Pepe Barro e publicado por El Patito Editorial. Os bosquexos e as imaxes están acompañadas pola música 'Alborada de Rosalía' do proxecto Rosalía 21 (Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira).
 
 DESCUBERTOS NOVOS TEXTOS INÉDITOS DE ROSALÍA.
 
A Real Academia Galega informou o quince de xaneiro, en rolda de prensa, da descuberta de novos textos inéditos de Rosalía de Castro. O achado consiste en varias pezas manuscritas en castelán dos seus últimos anos, atopadas pola profesora da Universidade de Barcelona, María Xesús Lama, no Arquivo da Real Academia Galega.
 

Normalización lingüística, organizou esta pequena exposición de libros e debuxos de Rosalía, quedou precioso...

  
 
 

martes, 4 de febrero de 2014

ANTONIO MACHADO, 75 ANOS DA SÚA MORTE

Antonio Machado (Sevilla 1875 - Colliure 1939),  é un autor español, de versos fermosos e de linguaxe transparente. A súa obra é un exemplo de calidade  literaria, de amor ao seu pobo e de fidelidade aos seus principios.
O 22 de febreiro cumpriranse 75 anos da morte de Antonio Machado en Collioure (Francia).
Desde o blog da biblioteca queremos achegarnos un pouquiño a súa vida e a súa obra.


Con este interesante vídeo podemos descubrir a sua vida

"Soñé que tu me llevabas", bonito poema de Antonio Machado, e música de Amancio Prada.


Creo que vos vai a gustar este poema "As moscas" que se  publicou no primeiro libro de poesía de ANTONIO MACHADO, "Soidades" ( publicado en 1907).
 As "familiares" e "vulgares" moscas que, malia a súa insignificancia, teñen o poder de evocar ao escritor recordos da infancia e a adolescencia


Antonio machado, quizais non escribiu directamente para nenos, pero, os seus poemas, si foron utilizados cos nenos, como se pode ver nos seguintes libros, onde seguro que gozardes da sua lectura.


"Antonio Machado y la mirada de Leonor",quizais vos interese este enlace, para traballar os aspectos literarios, históricos e artísticos en Antonio Machado.PICA AQUÍ

 
 
Antonio Machado, a finais de xaneiro de 1939, tivo que abandonar España e refuxiarse en Francia. Nun pobo, alén dos Pirineos, Collioure, escribiu o seu último verso;
Un caligrama (do francés calligramme) é un poema visual no que as palabras "debuxan" ou conforman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou calquera obxecto imaginable relacionado cos temas dos que se fala.
É un tipo de poesía para mirar e contemplar ademais de ler.
 
 
 
 Interesante e diferente documental, a partir da figura de Antonio Machado. O cineasta Eduardo Chapero-Jackson, crea un ensaio visual entre a ficción e o documental, cheo de imaxes sugerentes.
 

lunes, 3 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ, TRABALLOS SOBRE NELSON MANDELA

Esta é unha pequena mostra dos traballos que todo o alumnado fixo, respondendo á invitación da Pontiña, investigando sobre a vida de Nelson Mandela e facendo unhas imaginativas caricaturas.

Podémolas ver, na entrada do noso cole, á beira da biblioteca. Aquí tendes un adianto.

CEIP "A PONTE" NELSON MANDELA by Slidely Slideshow