miércoles, 26 de noviembre de 2014

28 DE NOVEMBRO. DÍA DAS LIBRARÍAS.


O 28 de novembro, por cuarto ano consecutivo, as librarías de toda España celebran o Día Das Librarías.
Esta iniciativa naceu co fin de concienciar a nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre nenos e mozos, e para agradecer e potenciar o extraordinario labor de libreiros e libreiras.
Conviría que reflexionásemos, sobre o que significa dispoñer de librarías difundindo a cultura, achegando aos cidadáns, non só os libros, senón a conversa, o consello, e a posibilidade de encontrarnos con outros lectores.

PICA AQUÍ para ver o cartel "Día da Biblioteca", cuxa autora e ilustradora é Carme Solé e, do que Antonio Rodríguez Almodóvar, é o escritor e autor do Pregón, homenaxe a Ana María Matute.


lunes, 24 de noviembre de 2014

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCÍA DE XÉNERO.


A violencia de xénero é un grave problema que afecta á nosa sociedade. a sensibilización e concienciación de todos nós agora e no futuro, é esencial para solucionalo.

Podes pasar pola nosa biblioteca, para ler algúns libros que nos poden axudar a entender mellor esta data.
Mentres, podes ver os seus videos.


- Este é un conto, no que descubriremos os roles e estereotipos de xénero que existen aínda na nosa sociedade. Está enfocada cara a unha aprendizaxe non sexista e a que se comprenda o importante que é non discriminar as persoas por cuestión de sexo. Decatarémonos do importante que é o respecto cara a todas as persoas
 
 



- Un conto que narra a historia dunha agresión, que non sendo física, consegue a base de humillacións, de menosprezo e de bloquear sonos e ideais, fai un dano irreversible, en moitas persoas.

 
 
 
- Vaiche soar este conto, pero...
 

martes, 18 de noviembre de 2014

20 DE NOVEMBRO. DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Preciosa ilustración de Monica Carretero
 
A Convención sobre os Dereitos do Neno, é un tratado que recolle os dereitos da infancia e é o primeiro instrumento internacional que recoñece os nenos e nenas como titulares activos dos seus propios dereitos.
O texto foi aprobado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e entrou en vigor o 2 de setembro de 1990.

En 1959, Nacións Unidas aprobou unha Declaración dos Dereitos do Neno que incluía 10 principios. Pero non era suficiente para protexer os dereitos da infancia porque legalmente non tiña carácter obrigatorio.Por iso en 1978, o Goberno de Polonia presentou a Nacións Unidas a versión provisional dunha Convención sobre os Dereitos do Neno

 
A Convención sobre os Dereitos do Neno converteuse en lei en 1990, despois de ser asinada e aceptada por 20 países, entre eles España. Hoxe, a Convención sobre os Dereitos do Neno xa foi aceptada por todos os países do mundo agás dous: Somalia e Estados Unidos.


 
- Algúns dos libros que podemos encontrar sobre os dereitos dos nenos e as nena
 

- Para conmemorar este día, toda a clase de 5º, animouse a comprometerse cos dereitos da infancia, asinando un pacto simbólico que poñerán nun lugar destacado da clase.
 


 


 
- Os dereitos dos nenos e das nenas según Mafalda 
 
 
- Xoga e aprende con UNICEF.PICA AQUÍ

 
- Debuxos animados en pro dos dereitos dos nenos e as nenas.
 
 
- Salta de casa en casa, ata o pleno coñecemento dos dereitos da infancia
 
 
- Bridge é o curto que presentou como tese na Universidade o director Ting Chian Tey e que mostra a historia de catro simpáticos personaxes que intentan cruzar o mesmo tempo encontrándose co problema de que só hai espazo para un.
 
 
- Se queres ver un precioso, libriño sobre os dereitos da infancia, que fixeron os nenos de infantil PICA AQUÍ.
 
 -  Este interesante vídeo sobre a exposición "Caminos a la escuela" da Fundación Canal, móstranos unha exposición fotográfica na que vemos os desafíos extremos aos que se enfrontan nenos de todo o mundo para chegar cada día a súa escola 
  
 
 
- Tráiler oficial do filme "Camiño á Escola" de Pascal Plisson.
Catro nenos unidos na súa busca da educación e os seus sonos de escapar da pobreza, a ignorancia ou a soidade, enfrontan e superan moitos obstáculos durante as súas viaxes diarias á escola.
 

domingo, 2 de noviembre de 2014

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL. 2ª SEMANA DE NOVEMBRO

 
A segunda semana de novembro, está dedicada á TRADICIÓN ORAL, e dende a biblioteca propoñémosvos que vos acheguedes ata aquí, onde a nosa mascota, "Pontiña", fixo unha selección de libros de cancións, rimas, arrolos, ditos, refrans...
Estes libros, teñen a finalidade de preservar un legado, un coñecemento cultural, a vida dun pobo e dunha xente (a nosa). Podemos así, tomar contacto coa tradición, os costumes, as festas, a gastronomía, é decir, das formas de ser das xeracións anteriores.
E importante que nos demos conta de como a tradición oral é o medio de transmisión de valores, ideas, e costumes.
E tamén diálogar cos maiores, co fin de descubrir as claves da historia familiar e dos  máis próximo a nós.
Falando con nosos maiores, podemos pasar momentos inesquecibles
 
 

Animámosvos a seguir lendo sobre este tema picando nestas entradas:

- GALICIA ENCANTADA
- CONTOS DE VELLOS PARA NENOS
- ORELLA PENDELLA. Ditos, recitados e cancións infantís



Dende o colexio de Vilatuxe podemos ver estes estupendos traballos, os nosos parabéns.

- LIM DE ADIVIÑAS
- CADERNO DE TRABALINGUAS