jueves, 26 de marzo de 2015

A CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA.

Durante toda a semana pasada e parte desta, realizamos no cole, unha serie de actividades que nos permitiron, a todos, pero especialmente aos mais pequenos, un achegamento á poesía.
Deixamos aquí unhas fotos onde podemos ver parte desta celebración.
 

 
 

 
 
 
 
 



 
 
 
 
  @s mais pequen@s de 3 anos, non soamente escoitaron ás súas profes como recitaban, senón que traballaron sobre os vesos. Uns nen@s sobre o número 2, e outr@s sobre Un Mago preguiceiro e unha Fada coqueta, versos que a súa profe escribiu para el@s .





 















@s de 4 anos, durante a "hora de ler" estiveron atentos ás lecturas das súas profes, que lles recitaron poemas como "O Año Pitaño", "O león e o tambor", "La princesa está triste"...



 

 













@s nenos e nenas de 5 anos, uns aproveitaron a celebración do "Día Da Árbore", para traballar sobre un precioso poema de Tagore dedicado "á árbore". @s seus compañeiros , dedicaron as "horas de ler" para escoitar preciosas rimas, como as de Gloria Sánchez "Rimas con Letra".

 
@s maiores do cole, os de 6º, invitaron aos nenos e nenas de 1º, e na biblioteca recitáronlles un poema de Rubén Darío "A Margarita Debayle", para facelo mais entretido  proxectaron, de fondo, unhas imaxes sobre a historia, que os nenos e nenas de 1º, seguiron atentamente . Para darlles as grazas, os nenos e nenas de 1º, tamén lles recitaron a eles, "Dona Pitu Piturra" de Gloria Fuertes e "Agua San Marcos".



BIBLIOTECA CEIP "A PONTE"- OURENSE by Slidely Slideshow




Os rapaces e as rapaza de 5º, converteronse nuns excelentes haijin. O autor dun haiku recibe o nome de haijin.
Acompañárono, tamén, cun debuxo alusivo ao tema.
O haiku é unha forma de poesía tradicional xaponesa. Consiste nun poema breve, formado por tres versos, de cinco, sete e cinco sílabas. O tema do haiku baséase na natureza.


 

jueves, 12 de marzo de 2015

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA


 

 Coincidindo coa entrada dá primavera celebramos o 21 de marzo o Día Da Poesía, Tamén coincide co Dia Da Árbore.
Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa.

- SON DE POETASAntoloxía da Poesía galega musicada.
- Recursos poéticos para a aula.
Aquí
- Escolma poesía Galega da Idade Media a hoxe. Aquí
- Poesías interactivas para os pequenos.
- Lim
"O Año Pitaño"
- Lim "Poemitas divertidos"
- Lim " Miguel Hernández" (Educación Infantil)
- Sonatina de Rubén Darío ("La princesa está triste")
- Os haikus son poemas breves, xeralmente de tres versos de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente. É un xénero de orixe xaponesa, na barra lateral esquerda, encontrase un gadget co "haiku do día", se picas sobre el poderás ler moitos máis. 
- Cando te achegues á biblioteca poderás ver esta pequena escolma dos nosos poetas e poetisas.
"Non están todos os que son, pero si son todos os que están" 



BIBLIOTECA CEIP "A PONTE".OURENSE by Slidely Slideshow






 

 

21 DE MARZO. DIA DAS ÁRBORES.




"O Día da Árbore" celébrase anualmente o día 21 de marzo. 
 
 
Aproveitamos que o día 21 é, ademais do "Día Da Árbore", o "Día Da Poesía", deixamos este precioso poema de Rabindranath Tagore titulado "Viaxeiro Escoita". Paga a pena!!!
 
 

 Durante este día procúrase concienciar sobre a importancia das árbores , sinalando os beneficios que os arboles nos ofrecen.
 
 1.As árbores diminúen a contaminación: As follas reteñen as partículas de po que flotan no aire e funcionan como aislantes ante os molestos ruídos da cidade..
2.As árbores combaten o Cambio Climático: As follas fixan o CO2 atmosférico, reducindo o efecto invernadero e o calentamiento global.
3.As árbores oxigenan o aire: producen o osíxeno que os seres vivos necesitamos para respirar.
4.As árbores refrescan o ambiente: As follas liberan vapor de auga que refresca o aire e humedéceo.
5.Cada árbore forma un novo ecosistema: Novos insectos, animalitos, aves e ata outras plantas.
6.As árbores melloran o ciclo do auga: As raíces reteñen a auga de choiva permitindo que esta filtre lentamente a través do chan ata os acuíferos e que se dirixa amodiño ata os ríos, mantendo estable o caudal e evitando secas e inundacións.
7.As árbores protexen o chan: Evitan a erosión e o desgaste dos chans, sostendo as partículas do chan coas súas raíces.

Este día promovese a necesidade de plantar árbores para así colaborar coa repoblación das superficies arboredos do mundo
 
- Actividad Lim (para todos os ciclos) feita no CEIP de Pazos " O Bosque Encantado".Pica aquí



lunes, 2 de marzo de 2015

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

Recordamos este día sobre una bonita ilustración de Mónica Carretero

Para conmemorar o día da muller traballadora, podemos xogar con "MULLERES  FAMOSAS GALEGAS", a súa presenza na historia, na ciencia, na cultura, na industria... na vida.

Estupendo traballo realizado pola biblioteca escolar do CEIP Milladoiro de Malpica.

PICA AQUÍ e verás a nosa entrada do ano pasado onde ademais de ler o porqué se dedica esta data como "Día Internacional da muller traballadora", poderás ver un bo número de recursos.