lunes, 27 de abril de 2015

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2015.


Este 23 de abril, Día Mundial do Libro, a Consellería de Educación e Cultura publicou no DOG unha resolución "pola que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo, no curso precedente, mediante o PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2015. " Este premio concedéuselle a Agustín Fernández Paz por ser o autor galego máis lido nos clubs de lectura durante o curso 2013/2014.
Nós, o consideramos un dos mellores escritores galegos, alegrámonos moitísimo por tan merecido premio e queremos felicitalo.

viernes, 24 de abril de 2015

ABRIL MES DOS LIBROS, ACTIVIDADES.

 
 

Durante este mes de abril todos os cursos participaron, dunha forma ou outra, nas distintas actividades que se realizaron, e aínda se seguen realizando, no noso cole.

- Encontro coa autora Susana Lamela. PICA AQUÍ

- Encontro co músico e autor Paco Nogueira. PICA AQUÍ

- Encontro co escritor Fran Alonso. PICA AQUÍ

- Xuntanza extraordinaria do club de lectura sobre "O noso libro favorito". AQUÍ.

- A data do 23 de abril foi a escollida para entregar os, tan agardados!!!, premios do III Concurso de Contos de Medo.


CEIP "A PONTE"- OURENSE. ENTREGA PREMIOS CONTOS MEDO by Slidely Slideshow

- Exposición na biblioteca dos libros máis lidos no noso cole según os datos que constan no Programa Meiga.
 
 
 
 
- Unha das actividades, que realizamos con motivo da semana do libro, e que mais nos gustan a todos, é o apadriñamento lector.
os rapaces e rapazas maiores (3º,4º,5º,6º) escolleron un libro para lerllo aos seus afillados/a, os máis pequenos (3 años,4 anos, 5 anos), pasámolo genial...!!!
 

- Dentro de poucos días estará colocada na porta da nosa biblioteca a III Exposición de Fotografía "Eu Leo Con... ".
Xa veredes que fotos... Cómo nos gusta ler!!!
Moitas grazas por participar.


- Encontro co escritor e matemático Esteban Serrano Marugán. PICA AQUÍ


Segundo se vaian desenvolvendo as actividades, que aínda nos quedan para os seguintes días, irémolas mostrando.

sábado, 18 de abril de 2015

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 
Un "libro" é un conxunto de papeis imprimidos que foron encadernados. As follas poden estar cosidas ou estar pegadas ao lombo, que á súa vez está unido a unhas tapas.
Unha vez levantada a tapa dianteira, en xeral, un libro consta de:
- Garda (unha páxina en branco, que en ocasións é máis grosa que as demais)
- Anteportada (onde figura o título da obra)
- Portada (onde aparecen o título, o autor e a editorial)
- Dedicatoria,
- Índice (aínda que ás veces pode estar ao final)
- Prólogo (en caso de telo).
O día 23 de abril celébrase o Día mundial do Libro.
 
Toda esta semana no corredor, ao lado da biblioteca, podes pescudar as ÚLTIMAS NOVIDADES que chegaron á nosa biblioteca. Hai libros preciosos e super interesantes ... ANÍMATE!!!
 


CEIP "A PONTE"- OURENSE by Slidely Slideshow

Actividades e Propostas:





Recursos:
- Propoñémosche unha manualidade. Como facer un Libro Secreto...
- E tí, para qué les? elaborado pola biblioteca do CEIP "Milladoiro".
- Recursos para o día do libro. Elaborado polo CEIP "Princesa de España"de Verín.
- Pequeno proxecto TIC, para 2º e 3 ciclo de primaria.

miércoles, 1 de abril de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.


Moitas culturas, unha historia. Día Internacional do Libro Infantil 2015 .

O 2 de abril de 1805 naceu en Odense, Dinamarca, o escritor e poeta Hans Christian Andersen. Dende 1967, coincidindo con esta data, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, co fin de promover os libros e a lectura.
Todos os anos, unha sección nacional do IBBY patrocina este día e elixe unha escritora ou escritor e unha ilustradora ou ilustrador para crear unha mensaxe que chegue a todos os lectores.
2015 é o ano de Emiratos Árabes Unidos. Nasim Abaeian foi a ilustradora elixida para deseñar o cartel e Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi escribiu a mensaxe deste ano que leva por título: "Moitas culturas, unha historia".

A continuación, engadimos parte da tradución do texto.

Moitas culturas, unha historia
Falamos idiomas diferentes e vimos de diferentes orixes, non obstante compartimos as mesmas historias.
Historias do mundo... contos tradicionais
Somos a mesma historia para todos nós
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero segue sendo a mesma...
Principio...
Argumento...
E final...
...