domingo, 31 de mayo de 2015

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.


 
Co obxectivo de motivar ás persoas para que se convertan en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo,promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación para que o medio sexa sostible, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, designou o 5 de xuño Día Mundial do Medio, para sensibilizar á opinión pública respecto da necesidade de preservar e mellorar o medio.
 
Algúns libros sobre Medio Ambiente
Este ano o DMMA ten como slogan "Siete mil millóns de soños. Un só planeta. Consume con moderación". Este lema propón que os soños ou aspiracións dos habitantes do planeta formen parte dun estilo de vida e consumo sostible. Durante o DMMA, pretende demostrar como un cambio nos hábitos individuais de millóns de persoas pode ter un grande impacto positivo demostrando o poder das nosas accións.
 
 

lunes, 11 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015



 "O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual."
Fragmento do libro "Os Señores da Palabra". Editorial Ophiusa. Lugo. 1993


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.

- Biografía e obra de Xosé Filgueira Valverde.PICA AQUÍ.
- Breve historia do Día De Las Letras Gallegas.


- Dende o colexio Isaac Peral de Ferrol un montón de actividades.AQUÍ.
- Se queres saber máis sobre o Día das Letras Galegas e sobre Xosé Filgueira Valverde, pica aquí e irás ao noso blog de Dinamización.AQUÍ.

 

viernes, 8 de mayo de 2015

18 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS.

 
A rede do ICOM elixe cada ano un tema para o Día Internacional dos Museos, cuxo obxectivo é compartir as preocupacións da comunidade museística coa sociedade.
En 2015 o evento xirará en torno ao tema: Museos para unha sociedade sostible.
O tema Museos para unha sociedade sostible recoñece o papel dos museos para concienciar o público sobre a necesidade dunha sociedade menos desbaldidora, máis solidaria e que aproveite os recursos dun xeito máis respectuoso cos sistemas biolóxicos.
Aplicando este concepto de sociedade sostible aos museos, o tema do Día Internacional dos Museos pretende fomentar en toda a sociedade unha maior concienciación sobre as repercusións actuais da acción do home no noso planeta e das necesidades imperativas de cambiar o modelo económico e social.
(CONSELLO INTERNACIONAL DE MUSEOS)
 
 
- Vídeo superinteresante!!! Os museos foron parte da historia da humanidade dende hai máis de 2000 anos, pero non sempre foron como os que visitamos hoxe. No seguinte vídeo, de TED Ed, descobre a evolución dos museos.
 



-Queres xogar? Encontra, desenvolve a túa atención polo detalle! Busca nestas obras os elementos ocultos. Museo Del Prado.