sábado, 17 de diciembre de 2016

SUXESTIÓNS LECTORAS DE NADAL

 "O Nadal non é unha tempada, é un sentimento" 
 Edna Ferber (escritora)



Queremos compartir con todos vós  unha selección de lecturas para estas vacacións, que esperamos vos gústen e que nos faga vivir o sentimento lector.




martes, 13 de diciembre de 2016

PONTIÑA QUERE SABER MOITAS COUSAS SOBRE O APALPADOR

 
Todos os anos O Apalpador, desde a montaña lucense onde vive preparando carbón para escorrentar ou frio, ven visitar o noso cole polo Nadal. Unha parada moi especial faina na nosa biblioteca, nós xa o coñecemos, pero xunto a nosa  "Pontiña", queremos saber moitas mais cousas del.
 

Aquí podes consultar unha chea de páxinas sobre él.
 
  O SITIO WEB DO APALPADOR.
- FRAGACREIS O blogue do C.E.I.P. Santiago de Oliveira (Ponteareas)

- AQUI CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

- PICA VIEIROS DA ESCOLA.

- AQUI Recompilación elaborada por Mª Asunción García Álvarez mestra do C.E.I.P. Víctor Sáenz.

 -INVESTIGANDO CON MIK
 
 - Lenda do Apalpador contada polo alumnado de terceiro ciclo do CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás






 
 
 

martes, 29 de noviembre de 2016

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE


Este ano celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade tras aprobar a ambiciosa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable. Este plan global de acción ínstanos a "non deixar a ninguén atrás".
"Somos unha marea de xente
todos diferentes
remando ao mesmo compas..."




Unha canción para esta xornada pode ser "Mensaxe de auga" de Macaco que se utilizou no mundo da discapacidade nunha magnifica SceneMob que vos deixamos aquí, esperamos que vos guste.

viernes, 25 de noviembre de 2016

POR FIN, AS MOCHILAS VIAXEIRAS CHEGAN ÁS NOSAS CASAS

Comeza a actividade Mochilas Viaxeiras. Desde a Biblioteca do colexio quérese facer partícipes ás familias da importancia da lectura. Os nenos e nenas desde 4 anos a segundo  poderán gozar do contido das mochilas  desde Xa!!!.

Para estar xuntos.
Para compartir maxia e alegría
NADA MELLOR QUE UN LIBRO CADA DÍA!!!
 
 

martes, 22 de noviembre de 2016

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 
Como todos os anos, non esquecernos de que o 25 de novembro é o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero, oxalá puidésemos. No noso colexio traballamos para que a igualdade de xénero sexa unha realidade e para que a violencia non teña cabida na vida presente nin futura do noso alumnado. Tamén incidimos no apoio, respecto e a solidariedade entre ambos os sexos para potenciar unha educación en valores que contribúa á súa formación integral como persoas e axude á construción dun mundo máis xusto e igualitario.
 
 
 - O misterio do chocolate na nevera: elaborado polo Instituto da muller. Actividades en torno a 6 contos. Dirixido a Educación Primaria    PICA
 - Unidade Didáctica "Equidad de xénero e prevención da violencia en preescolar" dirixida a Educación Infantil    AQUI
 - Unidad Didáctica "Construyendo la igualdad prevenimos la violencia de género" dirigida a Primaria editada por la Comunidad de Madrid    PICA
- Se picas AQUÍ podes ir á entrada do ano pasado é ler porqué dedicamos este día ás victimas da violencia de xénero e coas historias deses libros,  reflexionar sobre este tema.
- Bonito e breve vídeo no que dous nenos reflexionan sobre os estereotipos de xénero... Por que Luca non pode levar perruca?
 

viernes, 18 de noviembre de 2016

PREMIOS LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2016

O pasado día 10 de novembro fallouse en Madrid o Premio Lazarillo 2016. Este prestixioso galardón, o máis antigo na literatura infantil e xuvenil, pretende estimular a creación de bos libros para nenos e novos. A OEPLI convócao anualmente nas modalidades de Álbum Ilustrado e Creación literaria.
 
Na súa modalidade de Creación Literaria, o xurado elixiu como ganadora a obra titulada: O SECRETE DE L'AVI de Carles Cano, escrita en valenciano. Destacou da obra "a originalizada das historias, cunha evolución nos contos que vai desde unha formulación e unha estrutura máis tradicional de conto popular a relatos moi innovadores. É unha obra ben escrita, cunha linguaxe coidada e sugerente que se adecua ás distintas narracións".
O secret de l'avi é unha recopilación de cinco contos que inventa un personaxe, o avó Nicolau, para os seus netos Miquel e Maria a partir de distintos elementos que atopan ao seu ao redor e que non están no lugar que lles correspondería.
 
  Na modalidade de Álbum Ilustrado, a obra ganadora foi BARRIOS DE CORES, de Ana González Menéndez e Kike Ibáñez , destacando de forma unánime a forza e o impacto do simple na obra, onde esa simplicidad responde a unha idea complexa na que os autores souberon establecer unha armoniosa e coherente composición entre texto, tipografía, forma e cor.
 
Alejandro Pombas obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2016 pola súa novela "Un fill", publicada simultaneamente, en marzo de 2015, en catalán e castelán co título UN HIJO. Este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2015.
O Xurado decidiu premiar ao autor "pola súa obra polifónica, profunda e emotiva que trata con orixinalidade temas actuais. Os seus personaxes van crecendo dentro dunha trama que engancha ao lector".

lunes, 14 de noviembre de 2016

DEREITOS DA INFANCIA

"Non hai causa que mereza máis alta prioridade que a protección e o desenvolvemento do neno, de quen depende a supervivencia, a estabilidade e o progreso de todas as nacións e, de feito, da civilización humana"
Plan de acción do Cume Mundial a favor da Infancia




- PICA Convención adaptada a 6-8 anos


 - AQUÍ convención adaptada a 9-12 anos




- Conxunto de secuencias de diversas películas susceptibles de ser analizadas desde a perspectiva dos dereitos da infancia.



miércoles, 9 de noviembre de 2016

DÍA DAS LIBRERÍAS


Este venres celébrase a IV edición do Día das Librerías, que este ano reivindica o papel de apoio que realizan este tipo de establecementos e quen os rexenta, segundo indicou nun comunicado a Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (Cegal).
Baixo o lema 'Como vai sobrevivir a ignorancia se está rodeada de libros', conmemórase este día co obxectivo de volver converter a xornada nunha gran festa de todos os amantes dos libros e a lectura. Para iso, haberá xornada de portas abertas en todas as librerías españolas, que estarán ao servizo do seu público ata as 22.00 horas e que aplicarán un desconto do cinco por cento en libros.
"No mundo cultural no que nos movemos, a librería modernizouse e está chamada a ser ese espazo especial onde o libro, no formato que sexa, ten un lugar; e o libreiro é un profesional, un axente cultural, un mediador para axudar a penetrarse no bosque inmenso que é a cultura dos libros", destaca a presidenta de Cegal, Pilar Galego.

domingo, 6 de noviembre de 2016

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Cartel feito sobre preciosa ilustración de Leando Lamas.
A primeira semana de novembro celebraremos a Semana Da Tradición Oral. Contos tradicionais, cancións, adiviñas, refráns, trabalinguas... que nos conectan cos nosos avós e tataravós .
Defínese á tradición oral como todas aquelas expresións culturais que se transmiten de xeración en xeración e que teñen o propósito de difundir coñecementos e experiencias ás novas xeracións.

- Contos de vellos para nenos.AQUÍ
- Lendas para rapaces. PICA

martes, 1 de noviembre de 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA


Sen darnos conta, atopámosnos xa en novembro, o cal é considerado como o mes da Ciencia, por iso, se levarán a cabo diversas actividades en prol destas ramas tan importantes. Fai anos a UNESCO deciciu dedicarlle novembro á Ciencia e sinalaron que: "A ciencia debe estar ó servizo do coñecemento, dá paz, do desenvolvemento e dá sociedade."
O principal obxectivo disto, é difundir a Ciencia como algo próximo a esta forma de vida que hoxe en día levamos, pero sobre todo, ser participes activos das investigacións que se realizan e a práctica destas.
Así neste mes desenvólvense eventos como: conferencias, talleres, exposicións, visitas guiadas, corcursos e feiras en diversas Institucións.

No noso cole, estamos ao choio!!!, xa temos unha chea de libros para curiosear e actividades para divertirnos moito....moito.

 
-PICA O manifesto deste ano vén da man da arquitecta galega Isabel Aguirre de Úrcola, gañadora entre outros do Premio Nacional de Arquitectura e do Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico."

- Como facer un volcán casero, animádesvos?


- Como facer areas movedizas. Para os máis pequenos


- A esfera de aceite ingrávida. Para os maiores.

lunes, 24 de octubre de 2016

SAMAIN 2016

Xa chega o SAMAÍN ao cole!!!
 
 


Un ano mais a biblioteca do cole dá medo...e un ano mais os libros de bruxas, apócemas, esqueletos, vampiros... saíron dos seus andeis para que todos os podámos ler.

- Deixámosvos aquí este SliedShare para que poidades ver unha chea de información curiosa sobre o samaín que fixeron os rapaces do CEIP O Carballal en Cabral.
 

O samain from YCobas

Samaín 2016. Materiais para Infantil e Primaria. Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización lingüística

lunes, 3 de octubre de 2016

OUTUBRO , MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Ilustración de Sueta Dorosheva

Como cada curso, o noso obxectivo é contribuír a impulsar e favorecer a protección dá BIBLIOTECA e dos tesouros que gardan nos sus andéis.
Apostamos por non deixar de poñer en marcha pequenas e sinxelas accións desde a biblioteca escolar que lle dean presenza no centro, que fagan sumar usuarios que gocen
, soliciten, colaboren e usen os seus fondos. O contacto físico dos nen@s cos libros propicia o descubrimento e o desenvolvemento da vocación lectora.

As actividades na nosa biblioteca, que teñan lugar con motivo do día da biblioteca escolar, iremolas mostrando.



"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual. Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).

martes, 13 de septiembre de 2016

LEMBRAMOS A ROALD DAHL POLO SEU CENTERARIO.


Hoxe martes 13 de setembro, cumpriría 100 anos Roald Dahl (Llandaff, Cardiff, Gales, 13 de setembro de 1916-Oxford, Inglaterra, 23 de novembro de 1990) foi un novelista e autor de contos, británico de ascendencia norueguesa, famoso escritor para nenos e adultos.
Entre os seus libros máis populares están "Charlie e a fábrica de chocolate", "James e o pexego xigante", "Matilda", "O gran xigante bonachón", "As bruxas" e" Relatos do inesperado".
Este apaixonado explorador e creador de historias , ademais de deixarnos  un fantástico legado non mundo dá literatura infantil, tamén dá un salto á gran pantalla, xa que moitos dós seus libros fixéronse tan populares que acabaron converténdose en películas de gran éxito como: "Charlie e a fábrica de chocolate", dirixida por Mel Stuart e protagonizada por Gene Wilder no papel de Willy Wonka.


- FELIZ ANIVERSARIO!!!


-PICA






Anímate a pasa pola biblioteca, entre todos os nosos libros, de Roald Dalh, seguro que atopas o que che apetece ler!!!

viernes, 9 de septiembre de 2016

BENVIDOS E BENVIDAS AO COLE. ESPERÁMOSVOS

A ILUSTRACIÓN DO CARTEL É DE DAVID PINTOR
 
Xa estamos de volta un curso máis!!!
Comezamos outro curso cheos de ilusión , na  biblioteca estamos cargados de proxectos que esperamos que vos gusten, estes proxectos, só serán posibles  co voso entusiasmo e colaboración.
Desexámosvos un moi feliz inicio do novo curso e unha chea de boas lecturas.


Lémonos!!!

miércoles, 13 de julio de 2016

domingo, 10 de julio de 2016

LETRAS GALEGAS 2017


O Plenario da Real Academia Galega, reunido este sábado en sesión ordinaria, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2017 ao ourensán Carlos Casares Mouriño.
Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Vigo, 2002) Narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural, é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX.
A RAG acentúa de Casares «a calidade, a vocación abertamente comunicativa e o carácter variado da súa obra», que incluíu a literatura infantil, o xornalismo e o ensaio, converténdose en «un escritor especialmente idóneo» para protagonizar a celebración de 2017.
Unha decisión que a Xunta aplaude ao definir a Casares como «unha das personalidades máis importantes da cultura galega» do últimas catro décadas. Dirixiu a editorial Galaxia e revístaa Graal e foi presidente do Consello da Cultura Galega entre 1996 e 2002. En 1978 ingresa na RAG como o membro de número máis novo.

martes, 21 de junio de 2016

@S NOS@S AXUDANTES DE BIBLIOTECA!!!

Coa chegada do fin de curso, queremos agradecer  de corazón a axuda de  estes mozos e mozas tan dispostos e traballadores que pasan algúns dos seus recreos levando o carriño do bibliorecreo de acá cara alá ou axudando a colocar os libros que se prestan na biblioteca. 
Cada ano a nosa biblioteca funciona mellor, e iso é debido, en gran medida, á súa colaboración inestimable , cada curso esfórzanse para que a nosa
biblioteca siga sendo o motor do noso centro.
Moitas grazas de parte de todos os usuarios e usuarias que van á biblioteca e atópanse un lugar ordenado e organizado onde é moi fácil achar o que
buscamos.


Non sabedes como vos necesitamos axudantes!!!

Agradecémosvos de corazón a vosa axuda.

miércoles, 18 de mayo de 2016

18 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS.


A comunidade museística mundial celebrará o Día Internacional dos Museos o 18 de maio de 2016.
O tema do Día Internacional dos Museos do 2016 será Museos e Paisaxes Culturais.
O obxectivo do Día Internacional dos Museos é sensibilizar ao público sobre o feito de que "Os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos". 
O Día Internacional dos Museos reúne cada vez máis museos en todo o mundo. En 2014 máis de 35 000 museos de 145 países participaron no evento.




- Achégate ao Día dos Museos en Ourense. AQUÍ

- Video realizado para a exposición do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense "ALICERCES. Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX" 2015-2016.PICA

lunes, 9 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2015. MANUEL MARÍA


A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. Este ano o autor homenaxeado, é Manuel María.
Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929. Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego.

 
Como todos os anos, e con motivo deste día, tan celebrado sempre por nós, celebraremos o Festival das Letras Galega, haberá cancións, bailes, representacións teatrais e por suposto recitaremos as poesías de Manuel María.
 
- Especial Letras Galegas 2016 da Coordinadora de ENDL PICA, nesta páxina podedes atopar información sobre a vida e obra de Manuel María, ademais dun bo número de estupendos recursos.
- Tamén podes picar na barra lateral dereita, o gadget de Manuel Maria leváseche á interesantísima  páxina da súa casa-museo.

lunes, 2 de mayo de 2016

PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2016 PARA LEDICIA COSTAS ÁLVAREZ


O noso parabén para Ledicia Costas Álvarez, que este ano é a galardoada co Premio dos Clubs De Lectura 2016, este premio recoñécea como a autora galega máis lida ,este curso, nos Clubs de Lectura do ámbito educativo.

Felicidades Ledicia !!!

Se picas  AQUÍ poderás visitar a nosa entradas sobre Ledicia por recibir o Premio Nacional De Literatura Infantil E Xuvenil e, tamén a visita que nos fixo o colexio.

jueves, 14 de abril de 2016

DÍA DEL LIBRO, 23 DE ABRIL

 
Preciosa Ilustración de Leandro Lamas

O 23 de abril de 2016 cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data  foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.




Texto de Pedro Feijoo,  "Os libros son para valentes", un agasallo para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do libro e dos Dereitos de Autor/2016

Achégase o día do libro, e desde a nosa biblioteca organizamos un ciclo de actividades co que tratamos de que te acerques ao marabilloso mundo da lectura. Ademais das actividades dentro de cada aula, estas son as que se levan a cabo na biblioteca durante esta semana.

1. Encontro con Marcos Calveiro.PICA
3. Exposición "Os nosos libriños"

4."Feira do Libro"
5. Invitación para participar na  III Exposición de Fotografía: "O Que Eu Leo..."
6. Padriños e Madriñas lectores.
CEIP "A PONTE"- OURENSE. DÍA DO LIBRO by Slidely Slideshow
8. Convocatoria PICA Extraordinaria do noso Club de Lectura.
Xuntanza AQUÍ
9. Aproveitando esta data, puxemos en marcha unha actividade á que denominamos BiblioRecreo. @s axudantes de biblioteca sacarán estes bibliorecreos os dous  patios,  co obxectivo de dar a oportunidade ao alumnado, que o desexe, de ler no tempo de recreo de maneira libre e sen que sexa necesario  sacar un libro da biblioteca. O único que se lle pide aos nenos e as nenas, é que respecten o espazo de lectura e que se coide ao máximo os libros.
Esperamos que teña moito éxito!!!

 Unha das obras máis coñecidas de Miguel de Cervantes é "El Quijote" por iso queremosvos animar a que vos  acerquedes a estas actividades, que recollemos pola rede,  e achegarvos un pouco mais á figura de "El Quijote".
 

Para @s máis pequen@s:
- Lim sobre "El Quijote".PICA
- Murais para colorear e marioneta articulada de "Don Quijote".AQUÍ

- Páxina oficial da serie de debuxos animados de "El Quijote"AQUÍ
- Aproveitando O Día Internacional do Libro, contámosche a vida en debuxos de Miguel de Cervantes!

Para @s maiores:
- Serie de RTVE "El Quijote", con guión de Camilo José Cela e protagonizada por Fernando Rey e Alfredo Landa.PICA
- Trivial de "El Quijote"TRIVIAL
- O gran xogo de "El Quijote"XOGA
- A linguaxe multimedia ao servizo de "El Quijote" vida, obra, época, personaxes, lingua, xogos... .AQUÍ


* Tamén vos podedes achegar aos gadgets habilitados a dereita do noso escritorio.
- "Cervantes y Shakespeare, dos vidas paralelas"
- O sistema de Cervantes e as suas catro estrelas.
- A nosa entrada de 2015 polo IV Centenario de "El Quijote".