viernes, 19 de febrero de 2016

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía, co gallo da conmemoración do nacemento da poetisa (nesta ocasión cúmprense 179 anos.

Como anos anteriores, a AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), fainos unha proposta ben fermosa: que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebramos o Día Internacional da Lingua Materna).


A Deputación da Coruña "libera" catro imaxes de Rosalía para conmemorar o seu aniversario.
Moitas grazas a estas artistas tan orixinais.
Son as ilustradoras Uqui Permui, Aurora Cascudo, Aldara Prado e Paula Mayor.





Pola súa parte, a nosa biblioteca ven celebrando xa este día con diversas actividades, todas dirixidas a lembrar os poemas de Rosalía e manter viva a súa lembranza entre todos e todas nós.

 O mércores, xoves e venres, achegámonos moito mais a Rosalía, facémolo a través da súa obra, lendo os seus poemas por megafonía: á hora das filas de entrada, nas do recreo, das de saída, e tamén na hora da fila do comedor.
Este ano ademais o kamishibai percorre todas as aulas, desde a dos mais pequenos ata os de 6º, para cóntannos a vida de Rosalía.

 Xa a coñecemos un pouco mais!!!

 

- Recursos para o Día de Rosalía 2016 PICA AQUÍ

jueves, 18 de febrero de 2016

DÍA DA LINGUA MATERNA. 21 DE FEBREIRO.


O Día Internacional da Lingua Materna, foi proclamado pola UNESCO o 21 de febreiro de 2000, e celébrase na mesma data cada ano nos Estados membros e na sede da organización, naceu orientada a promover a transmisión de pais a fillos das linguas non dominantes co fin de promover a variedade de linguas e, da súa man, a diversidade cultural.
A contribución de Galicia a esa diversidade lingüística é o seu idioma propio, lingua orixinaria e exclusiva desta terra, portadora dunha cultura particular: O GALEGO.
As linguas non só son os instrumentos de comunicación humana por excelencia, senón tamén os alicerces sobre os que construímos as nosas identidades, tanto individuais coma colectivas.


Esperamos vos resulte interesante este vídeo de Manuel Bermúdez Blanco, técnico en Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.