lunes, 24 de octubre de 2016

SAMAIN 2016

Xa chega o SAMAÍN ao cole!!!
 
 


Un ano mais a biblioteca do cole dá medo...e un ano mais os libros de bruxas, apócemas, esqueletos, vampiros... saíron dos seus andeis para que todos os podámos ler.

- Deixámosvos aquí este SliedShare para que poidades ver unha chea de información curiosa sobre o samaín que fixeron os rapaces do CEIP O Carballal en Cabral.
 

O samain from YCobas

Samaín 2016. Materiais para Infantil e Primaria. Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización lingüística

lunes, 3 de octubre de 2016

OUTUBRO , MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Ilustración de Sueta Dorosheva

Como cada curso, o noso obxectivo é contribuír a impulsar e favorecer a protección dá BIBLIOTECA e dos tesouros que gardan nos sus andéis.
Apostamos por non deixar de poñer en marcha pequenas e sinxelas accións desde a biblioteca escolar que lle dean presenza no centro, que fagan sumar usuarios que gocen
, soliciten, colaboren e usen os seus fondos. O contacto físico dos nen@s cos libros propicia o descubrimento e o desenvolvemento da vocación lectora.

As actividades na nosa biblioteca, que teñan lugar con motivo do día da biblioteca escolar, iremolas mostrando.



"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual. Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).