miércoles, 13 de diciembre de 2017

SUXESTIÓNS LECTORAS PARA O NADAL





Un ano mais recomendámosvos as seguintes lecturas, esperamos que entre elas atopedes algún título que sexa do voso interese e permítavos gozar de momentos de lectura moi agradables.




Recordade que un libro sempre é un bo agasallo, hainos para todos os gustos...



lunes, 11 de diciembre de 2017

CHEGA O NADAL!!!

Xa se coa polas portas do cole O Nadal, e respírase fantasia e ilusión, sobre todo polos máis pequenos.
LEANDRO LAMAS

- Deixamos aquí o SITIO WEB do Apalpador cunha chea de cousas interesantes: Láminas para traballar na aula, na biblioteca, na asociación, ou mesmo na casa. Etiquetas e autocolantes para os agasallos. Imaxes para descargar, web, compor, recortar... Modelos de cartas ao Apalpador. Libros publicados co Apalpador como personaxe principal. Canción do Apalpador en diversas versións, tanto de letra coma de música.




LEANDRO LAMAS
- Aquí unha escolma de panxoliña en MP3
Pontiña, como todos os anos, xa está preparando as recomendaciones lectores. Dentro duns días poderémolas ver aquí.


jueves, 30 de noviembre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Pontiña estívoas preparando con moitísimo agarimo e...


Xa saíron da nosa biblio as, tan esperadas, mochilas viaxeiras!!! Pretendese achegar a nosa biblioteca, e os seus fondos, ás familias para fomentar entre o noso alumnado o hábito de lectura, dentro leva toda a información: a súa finalidade, os destinatarios, o posible contido, a temporalización e outras cuestión de interese.
Disfrutade!!!

miércoles, 29 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, 3 DE DECEMBRO

Esta data ofrece unha oportunidade para que os gobernos, os diversos axentes sociais e a sociedade en xeral, presten unha atención especial á necesidade de inclusión das persoas con discapacidad na vida política, social, económica e cultural dos países. 



Desde aquí queremos reivindicar o dereito dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais a recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, que satisfaga as súas necesidades básicas de aprendizaxe e enriqueza as súas e as nosas vidas.

Entrada 2016. Canción de Macaco "Mensaxe de auga" con una magnífica sceneMob.

- Conto metafórico para comprender e respectar ás persoas que son diferentes."EL CAZO DE LORENZO"

- Montaxe audiovisual do libro de Jerome Ruillier. "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA"

- O percorrido duns pais que ven como a súa filla compórtase dun xeito especial ata que se confirma o diagnóstico: autismo. AQUÍ

- Spot protagonizado por Pablo Pineda e outros mozos e mozas con síndrome de Down para concienciar ás persoas algunha discapacidad sobre a necesidade de loitar para cumprir os seus soños. PICA

- Diego é un neno de sete anos que é cego desde o seu nacemento e enfróntase á tarefa escolar de explicar como é a cor das flores.AQUÍ

- O cortometraje está protagonizado polo atleta invidente David Casinos e recolle escenas da súa vida cotiá, a súa rutina de adestramento e os seus esforzos por superar a ceguera. David foi triplo medallista paralímpico en Sydney, Atenas e Pekín. PICA

- O protagonista, que sofre unha discapacidad, explícanos as súas retos na vida a través da súa día a día, un traballador exemplar da clínica de Palma, e da súa paixón pola vela.PICA

- Teresa sufriu un accidente de tráfico fai seis anos a raíz do cal ten afectada a memoria recente e o aparello psicomotor.AQUÍ



miércoles, 22 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER. 25 NOVEMBRO

Desde o CEIP "A Ponte" de Ourense, manifestamos o noso mais absoluto rexeitamento á Violencia de Xénero e a calquera tipo de Violencia
Por que este día internacional?
  • A violencia contra as mulleres é unha violación dos dereitos humanos.
  • A violencia contra as mulleres é resultado da discriminación sufrida tanto na lei como na práctica, e a persistente desigualdade por razós de xénero 
  • A violencia contra mulleres afectan e impiden o progreso en moitas áreas, incluíndo a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH / SIDA e a paz e seguridade.
  • A violencia contra as mulleres e as mozas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
  • A violencia contra a muller continúa sendo unha pandemia mundial. Ata o 70% das mulleres sofren violencia nas súas vidas.


-Un bo traballo e una magnífica mensaxe de Gaudi Galego no que se rodeou das mulleres da súa vida, das mulleres da súa familia e outras moi queridas para gravar o videoclip de "Matriarcas", un traballo audiovisual de Karlos Abal.
- Entrada do 2015. Como se elixiu a data e os libros sobre este tema que podedes atopar na nosa biblio.PICA
- Entrada do 2016. Interesantes unidades didácticas para a prevención da violencia de xénero dirixidas a educación infantil e primaria.AQUÍ
- Dende FEMP, diversos materiais de interese especialmente para os maiores.
- Magnífica recopilación de materias dende Orientación Andujar.PICA

viernes, 17 de noviembre de 2017

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA. 20 DE NOVEMBRO

Con motivo do Día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas, a asociación ARELA comparte con nos o manifesto co que Manuel Esteban (Premio Xerais 2016) os agasallou.




- No ano 1977 Quino, creador de Mafalda, crea a petición de Unicef,  unhas ilustracións nas que Mafalda reivindica os dereitos do neno


Los derechos de la infancia mafalda de Miohanaestuohana

-  Para os mais pequenos 


- Recursos Infantil, primaria.PICA

viernes, 3 de noviembre de 2017

NOVEMBRO MES DA CIENCIA


Dende 2014 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
Este ano a encargada da redacción do "manifesto", que se edita e distribúe a través das bibliotecas,  é a matemática Pregrina Quintela Estévez AQUÍ, Premio "María Josefa Wonenburger Planells" MANIFESTO.
Ademais edítase a programación prevista, sobre a Ciencia, nas bibliotecas públicas PICA.
E Pontiña dende a nosa biblio, tamén quere aproveitar este mes para difundir recursos e algunas cousas máis super interesantes , das que vos manteremos informad@s.

lunes, 23 de octubre de 2017

SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA.


Pontiña, aos poucos, está preparando a biblio para O Samaín e, aos poucos, achéganse a nosa biblio bruxas, meigas, pantasmas, esqueletes, momias, vampiros... todo para que poidades pasar un arrepiante Samain rodeados de arrepiantes libros.



- Vídeo didáctico sobre O Samaín con música de Mama Cabra desde Falamelide, a emisor de radío escolar do IES de Melide


domingo, 8 de octubre de 2017

MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bonita ilustración de Mónica Carretero

Outubro é un mes que nos encanta!!! , é o mes no que empeza a cobrar vida a nosa biblioteca e é O Mes Internacional das Bibliotecas Escolares.
Todas elas albergan grandes tesouros, Bibliotecas públicas, privadas, universitarias, especializadas, escolares, nacionais, móviles…, e un dos mellores xeitos de dalas a coñecer é abrir as súas portas, mostrar os seus recunchos máis escondidos, extraer os seus libros dos estantes e poñelos en mans dos lectores e lectoras.
Por iso é tan importante este mes de outubro.


Encontros co Aut@r PICA








"Aprender a pensar coa biblioteca escolar"
Este é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador XOSÉ TOMÁS foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual. 

martes, 3 de octubre de 2017

"PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL". ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Os nosos parabéns a Antonio García Teijeiro  "Premio Nacional de Literatura Infantil e Juvenil" na súa edición 2017 pola súa obra "Poemar o mar" escrita en lingua galega. O galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2016.
O Xurado decidiu premiar ao autor e a súa obra "por ser un libro cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o gran protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e sugerentes composicións poéticas".

Biografía:
Antonio Manuel García Teijeiro (Vigo, 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, talleres de poesía, conferencias e participou en diversas xornadas didácticas e literarias promovidas por distintas institucións. Conta cunha variada contribución á literatura infantil.
"Poemar ou mar" é un libro de poemas que forma parte dunha trilogía composta ademais por "En o berce do mar" e "Palabras do mar". Estas tres obras teñen o mar como gran protagonista.

Xan López Domínguez ilustra a obra pola que García Teijeiro foi merecedor deste premio.

Publicou, entre outros, os seguintes títulos de narrativa infantil e xuvenil: En voz baixa (1998), Vos peixes de cores (2002), Honorato, ou intre namorado (2007), Verbas de sal (2011) e Recendos de aire sonoro (2011).

sábado, 9 de septiembre de 2017

BENVIDOS!!!

ilustración de Quentin Blake

Dámosvos a bienvenida a este novo curso 2017-2018. Pontiña xa está preparando todo na Biblioteca para o novo curso. Durante o verán madurou ideas e proxectos que vos contaremos en breve.
Esperamos que xuntos podamos compartir novos proxectos, ilusións, aprendizaxes, e que vexamos cumpridas todas as nosas expectativas.
Sede benvidos todos!!!







viernes, 23 de junio de 2017

ESTE VERÁN... LECTURAS REFRESCANTES.

Sobre unha ilustración de Erin Taylor

O curso remata, xa sabemos que traballastes moito e merecedes un descanso, pero as vacacións son moi longas e daravos tempo para facer unha chea de cousas.
Aquí deixámosvos, como todos os veráns, os libros recomendados desde a Biblio do cole. Esperamos que haxa algún que vos interese especialmente e considerédelo apropiado para compartir, regalar, mostrar... e, por suposto, ler.
Pontiña fixo esta guía con moito agarimo tentando que vos resulte interesante.
Lembrade visitar a biblioteca municipal do lugar onde esteades de descanso, haberá unha con libros interesantes esperando por vós.




Feliz Verán Cheo de Refrescantes Lecturas!!!

lunes, 19 de junio de 2017

AXUDANTES DE BIBLIOTECA




Grazas a estes formidables axudantes de biblioteca polo seu traballo. Ocupáronse das exposicións, a orde, e o coidado dos noso libros, así como de achegalos aos nosos lectores, máis novos, no recreos.
Pasade un feliz verán!!!


viernes, 12 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017. CARLOS CASARES MOURIÑO

A Real Academia Galega (RAG) elixiu, este ano, ao escritor, nacido en Ourense, Carlos Casares Mouriño para protagonizar o Día dás Letras Galegas.
A súa figura, será homenaxeada e lembrada a través de exposicións, coloquios, rutas literarias, documentais e demais actividades que se desenvolveron e desenvolverán nos próximos meses por toda
Galicia, con especial foco, aquí, na súa provincia natal.
No cole ademais dun pequeño caderno con actividades, expuxemos a súa obra para os máis pequenos, e faremos o noso  esperado Festival dás Letras Galegas que fan os nosos mozos e mozas de 5º e 6º e co
que ano tras ano se superan.

- CRONOLOXÍA DA VIDA E OBRA DE CARLOS CASARES PICA
 - No tren de Carlos Casares. Audiovisual producido por Illa Bufarda:



- Vídeo homenaxe a Carlos Casares dirixido por Xosé Vicente Cid


martes, 18 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Os libros son un bo instrumento para compartir coa familia, que nos axuda a ampliar o vocabulario e a nosa linguaxe e permítenos pasar un bo intre e entretennos. Ademais, estimula a nosa imaxinación, permítenos achegarnos a outras culturas, permite que nos identifiquemos con outras persoas e permítenos coñecer máis sobre a nosa historia.
 
- Sabiades por que se celebra o Día Internacional do Libro o 23 de Abril?
- Sabiades que a idea de celebrar o 23 de abril como Día do Libro é unha idea española? PICA

 


Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia. 

  O libro... o mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 

 
Ano tras ano tentamos programar ao redor do día do libro múltiples actividades para gozar deste mundo. Queremos que sexan actividades, intimamente relacionadas co libro e a lectura  pero sobre todo entretidas e divertidas .
 
 
Esta entrada é un avance, a modo de resumo das próximas actividades previstas que desenvolveremos en breve co xa tradicional programa.
- Como todos os anos os padriños e madriñas recollerán aos  seus afillados e afilladas para buscar un recunchiño e lerlles vos libros elixidos con tanto esmero e coidado.
- Visitarannos,  Maria Menéndez Ponche, escritora coruñesa da que podemos seguir a súa traxectoria literaria  desde os máis pequenos ata os maiores. O compostelán Héctor Cajaraville, xornalista e corrector de orixinais no mundo editorial, e gañador en 2015 delPremio Xerais de Novela.
- A nosa estupenda Feira de novedades.
- Os top 10 do Meiga.
 
 
ENCOMEZAMOS A FESTA DOS LIBROS!!! 
 
 
- Nosa, moi visitada, FEIRA DO LIBRO.
 
 

- Encontro con...
A novelista María Menéndez Ponche, coñecida autora de numerosas obras literarias e creadora de Pupi, o extraterrestre azul que convive cos nenos e nenas de primeiro ciclo de Educación Primaria veu a visitar o noso centro. Que ilusión e que gran honra poder saudar a unha das autoras dos nosos libros favoritos! estivo no Colexio, facendo partícipe do seu amor pola literatura a todos os que estivemos con ela.
Sabedes que na nosa biblio "Pontiña" ten moitas obras de María esperandoos, temos a sorte de que escribe para todas as idades!
 
 



Moitas grazas Maria pola túa visita pasámolo xenial!!!

- Por fin chegou un dos nosos momentos preferidos...!!! ler e que nos lean...

Os mozos e mozas de 6º, léronlles aos de 3 anos


 
os nenos e nenas de 3º léronlles ao de 1º


viernes, 31 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Todos os anos, o 2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o Día Internacional do Libro Infantil, co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
E Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional  e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc.

Este ano correspóndelle á sección de Rusia, que difunde a mensaxe do poeta Sergey Makhotin (1953) e o cartel de Mikhail Fedorov (1941).

A continuación ofrecémosche unha revisión da tradución da mensaxe  publicada na web da OEPLI.

domingo, 26 de marzo de 2017

1 DE ABRIR. DÍA DAS ARTES GALEGAS 2017. MARUJA MALLO

Maruja Mallo. Unha artista en liberdade, unha muller libre

creado por Merirous
 
A pintora surrealista, Maruja Mallo (Viveiro (Lugo), 1902-Madrid, 1995) será a protagonista da segunda edición do Día dás Artes Galegas, tomando a substitución a Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, quen foi homenaxeado o ano pasado. A decisión de elixir a Maruxa Mallo foi apoiada  pola maioría do plenario da Real Academia Galega de Belas Artes.
 
- Se picas en "Día das Artes Galegas 2017" da barra lateral dereita poderás ver un interesante documental, Maruja Mallo: metade anxo, metade marisco, dirixido por Antón Reixa en 2008 para TVE.
- Entra aquí se che interesa ler algo sobre a vida de Maruja Mallo.
- Neste vídeo pudes ver a obra de Maruja Mallo acompañada dunha preciosa música

viernes, 17 de marzo de 2017

DÍA DA POESÍA, 21 DE MARZO

Tendo en conta que o 21 de marzo comeza  a primavera nos países do hemisferio norte, elixiuse este día tan representativo, para que se celebrase a nivel mundial o Día da primavera.

O mesmo día, no ano 1974,  a Organización de Nacións Unidas, celebrou por primeira vez O Día forestal mundial para ter un día no que concienciar á xente para que podamos apreciar máis as zonas FORESTAIS das que dispoñemos.


En 1993, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas  designou , o día seguinte, 22 de marzo como Día Mundial da Auga , pasaron 24 anos e séguese celebrando en todo o mundo. é un día para destacar a función esencial da auga e propiciar melloras para a poboación mundial que sofre de problemas relacionados coa auga. É un día para reflexionar como debemos utilizar mellor a auga no futuro.

Desde a UNESCO tamén sinalan o 21 de marzo como Día da Poesía para rindir homenaxe a quen mantén viva a poesía como unha das expresións máis elevadas da lingua e a cultura. A poesía é un canto de liberdade, é tamén o canto dos nosos sentimentos máis profundos. Coas súas palabras e o seu ritmo, a poesía dá forma aos nosos soños de paz e xustiza, e dános a forza  de mobilizarnos por eles.
Por iso, durante esta semana  cos nenos e nenas de do cole, traballaremos con Gloria Fuertes.

Gloria Fuertes naceu en Madrid  en 1917. Este ano (no mes de xullo) cumpriría 100 anos e, desde aquí , desde a nosa biblio dedicámoslle a nosa pequena homenaxe, porque Gloria meréceo.
Muller, xovial, ocurrente, cálida, pacifista, comprometida, autora de teatro, contos e poesía... , cando a lemos, o seu ritmo, o seu musicalidad e sinxeleza fai que gocemos da súa obra desde os máis pequenos aos maiores, moitos dos seus poemas lévannos a cancións e xogos infantís, outras veces fannos sonreir  e a todos fainos reflexionar sobre as inxustizas do mundo.

-Actividades que ofertan diferentes grupos, persoas ou entidades, como poden ser espectáculos infantís, xuvenís, para adultos, contacontos, visitas guiadas, representacións teatrais, talleres, etc, relacionados con Gloria FortesPICA

viernes, 3 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER. 8 DE MARZO

 
O 8 de marzo celébrase o Día Internacional Da Muller Traballadora. É un día moi especial, conmemoramos a loita das mulleres pola súa participación na sociedade en igualdade de condicións que os homes e polo seu desenvolvemento íntegro como persoas.

RAPAZ E RAPAZA DE 6º, LENDO POEMAS DE ROSALÍA POR MEGAFONÍA

A biblioteca do noso cole quere colaborar poñendo á vosa disposición unha Recompilación de recursos que elaborou co gallo deste día  entorno a un tema tan importante como a igualdade real entre homes e
mulleres nos ámbitos laboral, social e político. Este ano con Rosalía como Muller, Galega e Poeta

 
- Entra nesta estupenda recompilación de recursos elaborada pola mestra Mª Asunción García Álvarez. AQUÍ 
- Educando en igualdade, materiais para traballar na aula. PICA

 

lunes, 20 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA. 24 DE FEBREIRO


O 24 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA coincidindo co seu nacemento , este é o 180 aniversario.
Nos, no noso cole, un ano máis, celebramos o seu aniversario, unímonos ao redor de Rosalía e reivindicandola como referente, tanto como muller, libre e comprometida, como respecto da súa posición como
escritora implicada coa lingua e a cultura de Galicia.

O manifesto da AELG, que este ano o elaborará a escritora Ledicia Costas.

Para festexar esta data, este ano, quixemos unila ao 8 de marzo. Con quen mellor que con Rosalía  para render homenaxe á muller.
Durante a semana traballarase desde a biblioteca para achegarnos a Rosalia desde a súa obra e a súa vida. En días sucesivos poñeremos fotos de todas as actividades!
O equipo de Dinamización tamén leva a cabo este dia unha chea de actividades que poderedes ver no seu blogue.DINAMIZACIÓN

- Vida e obra de Rosalía e algún poema



-  Desde la TV2 Rosalía de Castro, feminista na sombra - Mulleres na historia

viernes, 17 de febrero de 2017

100 ANOS DO PASAMENTO DE EDUARDO PONDAL

Este ano celébrase o centenario do pasamento de Eduardo Pondal, autor de Queixumes dos Pinos o poema ao que Pascual Veiga puxo música para convertelo no Himno Galego.
Cumpríronse 100 anos do seu nacemento e xa están postas en marcha moitas actividades para celebrar o centenario.
 

 
- Ligazón moi interesante de Literatura Galega. AQUÍ
- Mais información sobre Pondal en este SlideShare.
 

martes, 14 de febrero de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA, 21 DE FEBREIRO


A Conferencia Xeral da UNESCO, no ano 1999, acordou declarar o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna, escolleuse a data por coincidir co día en que unha multitude de falantes bengalís foi tiroteada pola policía paquistaní, cando se manifestaban pacificamente polos seus dereitos lingüísticos.
A lingua materna é aquela á que o individuo está exposto desde o nacemento, a lingua que primeiro adquire, habitualmente no seo da familia, a súa característica máis salientable é que se aprende espontaneamente na interacción cotiá, a través da conversa. Os idiomas son moito máis que simples medios de comunicación, porque a cultura e a identidade van unidas á fala arredor da que se constrúen.

- Velaquí tres fermosas curtas de animación para gozar e traballar, desde o Portal da Lingua Galega. AQUÍ.

- Eu falo así.

jueves, 19 de enero de 2017

DÍA ESCOLAR DA PAZ. 30 DE XANEIRO

O Día Escolar da Non-violencia e a Paz  foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
 

Desde o cole, tentamos traballar continuamente desde a paz , o entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión, isto  non impide que sintamos a necesidade de que existan datas concretas, como hoxe, que nos lembren que aínda hai situacións sociais difíciles, buscamos desenvolver no alumnado as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa e a concienciación de todos na construción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.

 
Unha Canción, un Poema, un Libro, humor, un Cadro, unha Pelicula......para a PAZ.

- Canción. Ningunha mellor para iso que a mítica canción de Bob Dylan: "A resposta está no vento".
Era 1962, Bob Dylan tiña  21 anos, e compuxo "Blowin' In The Wind", todo un canto á compaixón, á paz e á liberdade. Unha canción emblemática, un poema de profundo impacto social, un pozo de riqueza que hoxe segue plenamente vixente..


- Poema.

 
 
- Un libro. Un conto precioso "O soño de Picasso", no que nos conta a orixe da pomba da paz, que está tan presente nas obras de Picasso, así como fainos un percorrido polos distintos períodos artísticos do autor.





- Humor. Reflexións pola paz desde o humor gráfico. humoristas gráficos teñen unha capacidade especial para reflectir nos seus debuxos, con moi poucas palabra ou ningunha, moitos sentimentos sobre temas concretos.

 

- Un cadro "O Guernica" de Pablo Picasso.


    Pica "O Guernica" de Picasso para colorear.

Aquí en varios tamaños podedes atopar,  para   descargar          e colorear , "O Guernica" de Picasso.
 
- Unha Peli para cada idade
"Antz". Para os mais pequenos. O xeneral Mandible é unha formiga ambiciosa que trata de levar a todas as formigas á guerra contra as termitas a través da manipulación. Z-4196 é unha formiga que trata de evitar problemas e, namorado da raíña, busca Insectopía, un mítico lugar, onde se supón que todos os insectos son iguais e viven en harmonía. Pero Mandible trata de eliminar ás formigas máis débiles para crear unha nova colonia dos débiles e Z ao final demostrará a súa valentía opoñéndose ao tirano...
"Os mozos da choiva". Para os mais maiores. A película conta a historia dun mundo onde habitaban dous pobos inimigos, os Hydross e os Pyross, que foran un ao principio dos tempos, pero o "Separador" dividiunos e desde entón foron inimigos. Os líderes axitan ao pobo para que os soldados maten os seus inimigos, pero non están a contar toda a verdade .  pero dous mozos namoraranse e tentarán cambiar o mundo de guerra no que viven, restablecendo a paz.
"A guerra dos botón". E unha película imprescindible para 6º. A última adaptación da guerra dos botóns, ambientada nun pobo francés durante a segunda guerra mundial. Os nen@s de dous pobos veciños viven enfrontados e libran unha batalla "A guerra dos botóns"... pero outra batalla líbrase en Francia e os nenos deberán colaborar para salvar a vida de Violette, unha nena xudía escondida no pobo.

- Achega a ver algún dos libros que temos na biblio sobre A Paz