lunes, 20 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA. 24 DE FEBREIRO


O 24 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA coincidindo co seu nacemento , este é o 180 aniversario.
Nos, no noso cole, un ano máis, celebramos o seu aniversario, unímonos ao redor de Rosalía e reivindicandola como referente, tanto como muller, libre e comprometida, como respecto da súa posición como
escritora implicada coa lingua e a cultura de Galicia.

O manifesto da AELG, que este ano o elaborará a escritora Ledicia Costas.

Para festexar esta data, este ano, quixemos unila ao 8 de marzo. Con quen mellor que con Rosalía  para render homenaxe á muller.
Durante a semana traballarase desde a biblioteca para achegarnos a Rosalia desde a súa obra e a súa vida. En días sucesivos poñeremos fotos de todas as actividades!
O equipo de Dinamización tamén leva a cabo este dia unha chea de actividades que poderedes ver no seu blogue.DINAMIZACIÓN

- Vida e obra de Rosalía e algún poema



-  Desde la TV2 Rosalía de Castro, feminista na sombra - Mulleres na historia

viernes, 17 de febrero de 2017

100 ANOS DO PASAMENTO DE EDUARDO PONDAL

Este ano celébrase o centenario do pasamento de Eduardo Pondal, autor de Queixumes dos Pinos o poema ao que Pascual Veiga puxo música para convertelo no Himno Galego.
Cumpríronse 100 anos do seu nacemento e xa están postas en marcha moitas actividades para celebrar o centenario.
 

 
- Ligazón moi interesante de Literatura Galega. AQUÍ
- Mais información sobre Pondal en este SlideShare.
 

martes, 14 de febrero de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA, 21 DE FEBREIRO


A Conferencia Xeral da UNESCO, no ano 1999, acordou declarar o 21 de febreiro Día Internacional da Lingua Materna, escolleuse a data por coincidir co día en que unha multitude de falantes bengalís foi tiroteada pola policía paquistaní, cando se manifestaban pacificamente polos seus dereitos lingüísticos.
A lingua materna é aquela á que o individuo está exposto desde o nacemento, a lingua que primeiro adquire, habitualmente no seo da familia, a súa característica máis salientable é que se aprende espontaneamente na interacción cotiá, a través da conversa. Os idiomas son moito máis que simples medios de comunicación, porque a cultura e a identidade van unidas á fala arredor da que se constrúen.

- Velaquí tres fermosas curtas de animación para gozar e traballar, desde o Portal da Lingua Galega. AQUÍ.

- Eu falo así.