lunes, 23 de octubre de 2017

SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA.


Pontiña, aos poucos, está preparando a biblio para O Samaín e, aos poucos, achéganse a nosa biblio bruxas, meigas, pantasmas, esqueletes, momias, vampiros... todo para que poidades pasar un arrepiante Samain rodeados de arrepiantes libros.



- Vídeo didáctico sobre O Samaín con música de Mama Cabra desde Falamelide, a emisor de radío escolar do IES de Melide


domingo, 8 de octubre de 2017

MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bonita ilustración de Mónica Carretero

Outubro é un mes que nos encanta!!! , é o mes no que empeza a cobrar vida a nosa biblioteca e é O Mes Internacional das Bibliotecas Escolares.
Todas elas albergan grandes tesouros, Bibliotecas públicas, privadas, universitarias, especializadas, escolares, nacionais, móviles…, e un dos mellores xeitos de dalas a coñecer é abrir as súas portas, mostrar os seus recunchos máis escondidos, extraer os seus libros dos estantes e poñelos en mans dos lectores e lectoras.
Por iso é tan importante este mes de outubro.


Encontros co Aut@r PICA








"Aprender a pensar coa biblioteca escolar"
Este é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador XOSÉ TOMÁS foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual. 

martes, 3 de octubre de 2017

"PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL". ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Os nosos parabéns a Antonio García Teijeiro  "Premio Nacional de Literatura Infantil e Juvenil" na súa edición 2017 pola súa obra "Poemar o mar" escrita en lingua galega. O galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2016.
O Xurado decidiu premiar ao autor e a súa obra "por ser un libro cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o gran protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e sugerentes composicións poéticas".

Biografía:
Antonio Manuel García Teijeiro (Vigo, 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, talleres de poesía, conferencias e participou en diversas xornadas didácticas e literarias promovidas por distintas institucións. Conta cunha variada contribución á literatura infantil.
"Poemar ou mar" é un libro de poemas que forma parte dunha trilogía composta ademais por "En o berce do mar" e "Palabras do mar". Estas tres obras teñen o mar como gran protagonista.

Xan López Domínguez ilustra a obra pola que García Teijeiro foi merecedor deste premio.

Publicou, entre outros, os seguintes títulos de narrativa infantil e xuvenil: En voz baixa (1998), Vos peixes de cores (2002), Honorato, ou intre namorado (2007), Verbas de sal (2011) e Recendos de aire sonoro (2011).